A razóns deste incremento dos prezos na materia prima está na seca vivida en Francia, que orixinou unha importante diminución da producción cerealística deste país. Fronte a esta circunstancia, o goberno galo concedeu axudas para o transporte ós seus gandeiros, polo que estes optaron por palia-la súa escaseza de materia prima comprando en España.
Isto provocou compras masivas de cereal en España, un país que, á súa vez, tamén rexistrou un descenso productivo. Esta situación está a provocar un desabastecemento de cereal na Península Ibérica, que está obrigando ás industrias do penso a pagar uns prezos maiores pola materia prima. Así, estas empresas están repercutindo xa a suba no gandeiro ou anuncian que van a face-lo neste ano 2004.
Esta situación do mercado cerealístico desencadeou subas que sitúan, a día de hoxe, en 0,26 euros o prezo do quilo de soia. Situacións semellantes danse respecto ó millo ou a cebada, que alcanzan os 0,21 e 0,18 euros por quilo respectivamente; e as industrias xa lle anunciaron ós gandeiros incrementos medios de 0.03 euros por quilo para este novo ano.
Ante estes prezos, o gandeiro está a soportar uns gastos en alimentación que merman calquera posibilidade de rendibilidade, e máis se non se detén a escalada de prezos destas materias primas. Por iso, Xóvenes Agricultores reclama ó MAPA que adopte medidas semellantes ás do seu homólogo francés, para que os productores españois no resulten discriminados novamente ante ós seus competidores comunitarios. Os nosos gandeiros non poden volver a se-los principais prexudicados por situacións coxunturais do mercado alleas a eles.
Santiago, 12 de xaneiro de 2004
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.