O Sindicato Labrego Galego denuncia o envío de cartas, por parte de varias adegas acollidas á Denominación de Orixe Rías Baixas, nas que lle comunican aos seus provedores de uva de sempre que nesta campaña non se lles vai mercar a colleita de uva. Trátase dunha práctica longamente coñecida no sector vitícola galego, aínda que inédita até o de agora en Rías Baixas, e que pretende que os colleiteiros tiren os prezos das uvas para poder sacar a produción.
O SLG oponse a este tipo de prácticas, polo que lle solicitará ao novo titular da Consellaría de Agricultura que reúna con carácter de urxencia ás distintas partes do sector vitivinícola nunha Mesa do Viño para solucionar este problema. Neste marco negociador, do mesmo xeito que agora de maneira reivindicativa, o SLG demanda e demandará uns prezos xustos para a uva que cubran os custes de produción e o traballo agrario.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.