Segundo o seu secretario xeral, Juan Pérez Miramontes, “estamos falando de 11.000 millóns das antigas pesetas e hai que entender que nesta coxuntura calquera reaccione en defensa dos seus intereses. As industrias están xogando con lume. Eso sí, diante do anuncio unilateral, inxustificado e prepotente das industrias lácteas -na fracasada reunión da Mesa do Leite celebrada o xoves- de proceder a unha baixada dos prezos dun 4 %, Xóvenes Agricultores consensuará co resto das organizacións agrarias as medidas a tomar”.
A proposta de Xóvenes Agricultores será, tal e como os productores indicaron nas sectoriais celebradas nas comarcas productoras de Galicia, a de actuar contundentemente contra os intereses das empresas que fagan efectiva unha baixada nos pagos das entregas de febreiro. Esgotada a vía do diálogo e rota a Mesa por parte da industria, os productores lácteos entenden que a única maneira de facer entrar en razón tanto ós políticos coma as empresas, e o emprego de accións de forza. Exemplos de logros por esta vía temos e moi recentes, noutros sectores.
Pese o intento da Consellería de Medio Rural de mediar no conflicto, hai que decir que os seus representantes ou son uns ilusos ou foron enganados polas empresas, confirmándose en todo caso a tomadura de pelo que dende Xóvenes agricultores xa viñamos anunciando repetidamente. Polo que respecta ó Ministerio de Agricultura, denunciamos a súa total pasividade no tema, pese a que días previos ás eleccións autonómicas, realizaron en Santiago unha vistosa presentación duna Mesa de prezos do Sector Lácteo, da que nunca mais volvemos a saber.
Este fracaso reforza igualmente a nosa solicitude de que a Interprofesional Láctea –de ámbito estatal- se traslade A Galicia, pois resulta evidente que os órganos de decisión das empresas lácteas non están interesados en avanzar en ningún tipo de acordo a nivel autonómico.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.