Por medio dunha nota interna que se enviará en breve a todas as axencias comarcais a Consellería ordena mirar con lupa todos os expedientes de arrendamentos de explotación ou creación de sociedades e fusión de explotacions, segundo puido saber Xóvenes Agricultores. Así, para poder autorizar un arrendamento mirarase que as explotacións sexan do mesmo concello ou como moito dun limitrofe, serán por cinco anos, e deberán incluir a lo menos 1 Ha. de terra por cada 20.000 quilos de cota láctea que se arrende.
Dende a nosa organización non entendemos por que se intentan impedir estes movimentos de auto-reestructuación no sector lácteo salvo que sexa unha maneira encuberta de recoñecer o fracaso da actual politica intervencionista da Administración prohibindo as transferencias de cotas entre particulares, cando sabemos que son a vía máis axil de reorganizar o sector productor.
Está demostrado que os gandeiros galegos teñen unha clara vocación de seguir medrando e de permanecer no sector a pesar das últimas regulacións normativas que tanto lle perxudican. Por eso dende Xovenes Agricultores non entendemos que dende as administracións só se poñan atrancos donde debería de haber facilidades.
Tampouco se entende como un Conselleiro nacionalista permite que sexa o Goberno Central o que regule un sector estratéxico para Galicia tan claramente en contra dos intereses dos productores galegos. Por eso afirmamos que o feito de non ser competentes para regular o noso sector lácteo débese a clara incompetencia do Goberno galego.
Santiago, 16 de outubro de 2006
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.