Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Energías renovables / O SLG e as organizacións da CPE posicionáronse en contra dos agrocombustibles no Comité Consultivo da Unión Europea

           

O SLG e as organizacións da CPE posicionáronse en contra dos agrocombustibles no Comité Consultivo da Unión Europea

13/02/2007

O pasado venres, 9 de febreiro, o responsábel de relacións internacionais do Sindicato Labrego, Xosé Ramón Cendán, participou en Bruxelas no Comité Consultivo da Unión Europea sobre agrocombustibeis1. Fíxoo en calidade de membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE), que aglutina a máis de vinte organizacións agrarias, entre as que se inclúe o SLG.

Neste encontro, Cendán defendeu unha postura moi crítica coa tentativa da Comisión Europea de impoñer este novo tipo de agricultura. Para o SLG e a CPE, os agrocombustíbeis industriais constitúen un auténtico engano aos agricultores e ás agricultoras, e tamén aos/ás contribuíntes, pois non van solucionar nin a crise agrícola nin a crise climática, e van entrar en competencia coa produción alimentaria.

Ineficacia enerxética e económica

É un erro producir combustíbel industrialmente a partir de trigo, remolacha ou colza. Estes agrocombustíbeis industriais de primeira xeración, obtidos en cultivos intensivos anuais, teñen unha eficacia enerxética moi baixa, que resulta negativa
para o etanol de millo, dun 0’6 para o etanol de trigo –esta cifra supón que produce tanto combustíbel como o que se gasta en producir a colleita-; dun 1’14 para o etanol de remolacha, e dun 1’66 para o éster de colza. O cultivo que obtén os mellares resultados é o etanol de cana de azucre, pero Europa non a produce.

A implantación das fábricas de agrocombustibeis na Unión Europea, previstas preto de grandes portos, pon de manifesto que se lle vai dar prioridade ás importacións de agrocombustíbeis de orixe tropical, menos custosos.

Para o SLG e as organizacións da CPE, o desenvolvemento de combustibeis de segunda xeración resultantes doutras formas de biomasa, como madeira, refugallos orgánicos ou celulosa, semellan máis prometedores, dende un punto de vista enerxético, cós cultivos de periodicidade anual; sempre a condición de que a produción non sexa de tipo industrial e que, na recollida que se faga nos montes, se deixe a biomasa necesaria para que achegue materia orgánica aos solos.

Competencia contra a produción alimentaria na Unión Europea e no mundo.

Se na Unión Europea se quixeran cubrir todas as necesidades de carburantes para medios de transporte con agrocombustibeis, sería imposíbel, pois para producir só un terzo do combustíbel que se gasta ao ano en transportes na UE cumpriría deixar de producir alimentos para sementar a totalidade do seu territorio con cultivos enerxéticos. Por outra banda, os países industrializados están a desenvolver grandes proxectos de produción de agrocombustibeis en países tropicais como Colombia, Indonesia, Malaisia, ou Brasil; en detrimento da soberanía e seguridade alimentarias das súas poboacións, e das súas biodiversidades.

Subvencións máis lexítimas cás actuais?

A industria dos agrocombustibeis, co apoio da Comisión Europea, está a desenvolver unha forte campaña propagandística que busca darlle lexitimidade ás fortes subvencións para promover este tipo de agricultura, coa escusa de que axudará a paliar o quecemento global do planeta polas emisións de CO2. Pero isto é só unha cortina de fume que agacha o feito de que todos eses cartos públicos se lle van quitar a outras axudas agrarias para beneficiar, como non, ás grandes explotacións que poidan optar por estes cultivos e ás propias industrias.

Contra isto, as explotacións agrarias si poderían contribuír de maneira efectiva a facer fronte á crise enerxética actual modificando os seus métodos de produción, distribuíndo prioritariamente o consumo de abonos nitroxenados cara a producións máis autónomas en materia enerxética (o 40% do consumo de carburante nas explotacións europeas está relacionado coa aplicación dos abonos nitroxenados).

Pódese producir aceite a partir de oleaxinosas naquelas zonas axeitadas para este tipo de cultivos para uso enerxético das explotacións, así como desenvolver procesos de metanización. Outra enerxía interesante que se debería subvencionar é a instalación de paneis fotovoltaicos nas explotacións agrarias.

Máis en xeral, a CPE e o SLG defenderon no Comité Consultivo unha redución xeral do consumo de enerxía, e de gasóleos e gasolinas en particular. E a maneira de facelo é relocalizando a economía. Hoxe en día é pouco custoso trasladar as industrias, e case nada custoso as tecnoloxías. O que si é moi custoso é o traslado das producións primarias. Habería que relocalizar todas estas producións e transformacións, todo o ciclo económico. Iso sería máis eficiente a todos os efectos para reducir o consumo enerxético que está a provocar o quecemento global do planeta, e xeraría máis emprego.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Luz verde de Bruselas cambios en el PEPAC: los sistemas agrovoltaicos podrán recibir PAC 01/09/2025
  • Unió de Pagesos pide limitar las plantas solares en suelos agrarios de alta capacidad en Cataluña 30/06/2025
  • El Copa-Cogeca piden suprimir la doble contabilización por favorecer importaciones fraudulentas 16/06/2025
  • La planta fotovoltaica de Torrevieja afecta a suelo agrícola protegido según ASAJA 11/06/2025
  • UAGA presenta alegaciones contra tres macroproyectos solares por su impacto en suelos agrarios estratégicos en Araba 26/05/2025
  • Una planta solar pone en riesgo 126.000 cítricos en la Plana Baixa (Castellón) 19/05/2025
  • Denuncian presión a agricultores para ceder tierras a fotovoltaicas 09/04/2025
  • Agricultores y cooperativas piden mayor reconocimiento en la revisión del marco energético de la UE 17/03/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo