A Asociación de Mulleres e Familias de Ambito Rural (AMFAR) presentou hoxe en Santiago a “Guia para o traballo en igualdade nas asociacións de mulleres”, un manual de indubidable utilidade de cara a traballar en favor da igualdade de xénero, elaborado dentro do proxecto Ilder da iniciativa comunitaria eQual. A guía foi presentada pola presidenta de AMFAR- Galicia, Dulce Iglesias Baniela, no decurso da “Xornada de Igualdade e Conciliacián no medio rural”, celebrada en Compostela.
A iniciativa incardínase nas tarefas asociativas de mulleres que loitan contra a discriminación no mercado laboral que ten abocada á poboacaión feminina galega aos índice máis altos de desemprego de Europa. Nese sentido, a guía abandeira unha reivindicaciòn unánime de maiores facilidades para a conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
Os manuais, que son unha auténtica guía de consulta incluen unha breve historia das asociacións e mulleres, e describen que tipos de asociacións existen, que obxectivos perseguen, que actividades internas e externas desenvolven, como adoitan organizarse ou que lexislación é aplicable a iste tipo de organizacións.
O texto ocúpase tamén da mellora das condicións das mulleres agricultoras e gandeiras, das boas práacticas do asociacionismo en materia de inmigración, das súas demandas máis perentorias, ou de como constituir unha asociación.
As guías, das que se fixo unha edición de dous mil exemplares, repartiránse entre todo tipo de asociacións de mulleres rurais, amas de casa, de separadas, de víctimas da violencia de xénero, feministas, veciñais, culturais, sociais, empresariais, asistenciais, reivindicativas ou de lecer, tanto se son de barrio, de parroquia ou de actuación comarcal.
Compostela, 15 de outubro de 2007
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.