Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Acuicultura / Galicia: Consellería de Pesca pon en marcha un observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas

           

Galicia: Consellería de Pesca pon en marcha un observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas

05/11/2007

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2007.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos acaba de poñer en marcha o establecemento dun observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas a través do Centro Tecnóloxico do Mar (Cetmar). O obxectivo é dispoñer dun instrumento que permita seguir a evolución nos mercados dalgunhas das principais especies procedentes da pesca e da acuicultura comercializadas en Galicia.

Para a realización desta iniciativa, o departamento que dirixe Carmen Gallego asinou recentemente unha encomenda de execución ao Cetmar, de xeito que este centro da Consellería aportará un equipo de traballo interdisciplinar composto por expertos de recoñecida solvencia en temas de economía pesqueira. Pola súa banda, Pesca achegará un total de 360.000 euros nos anos 2007, 2008 e 2009 para a execución do proxecto. Concretamente, no presente exercicio aportará 180.000 euros con cargo aos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma, mentres que nos dous anos seguintes contarase cun montante de 90.000 euros anuais atendendo á disposición de crédito.

Entre as tarefas a realizar por parte dos profesionais do Cetmar atópase a elaboración de informes mensuais das características e tendencias dos mercados de primeira venda e a súa integración nas redes comerciais, especificando puntos de venda, especies, prezos, cantidades e características de compradores e destinos, así como memorias trimestrais sobre a participación de Galicia nos mercados internacionais de produtos de orixe mariña, contextualizando a situación en termos económicos e institucionais.

Ademais, contarase con enquisas e informes anuais sobre as percepcións de consumidores e axentes da rede comercial en relación aos produtos de orixe mariña e un estudo específico sobre as viabilidade de produtos financeiros e mercados de futuros no sector da pesca e da acuicultura a realizar no prazo dun ano.

Coa posta en marcha do observatorio de prezos de produtos pesqueiros e acuícolas perséguese contar cunha ferramenta de traballo que ofreza información sobre a evolución de importes e tendencias, así como relacionar eses datos con outras informacións económicas procedentes de sectores diferentes ao pesqueiro.

Por outra banda, cabe sinalar que existe a posibilidade de financiar este proxecto a través do Fondo Europeo de Pesca (FEP). De feito, o regulamento (CE) Nº 1198/2006 do Consello do 27 de xullo de 2006 autoriza aos estados membros a tomar medidas de interese público destinadas a aplicar unha política de calidade e valorización, desenvolvemento de novos mercados ou campañas de promoción para os produtos da pesca e da acuicultura. Entre as devanditas actuacións atópase a realización de estudos de mercado que, como o observatorio, son necesarios para a posterior elaboración dos informes económicos de mercados e redes comerciais de produtos da pesca e da acuicultura.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Castilla y León destina 11 M€ a modernizar la acuicultura de interior 26/03/2025
  • Navarra ayuda a impulsar las inversiones en acuicultura 14/06/2024
  • El delta del Ebro sería un lugar ideal para el cultivo industrial de algas 12/05/2022
  • Convocadas ayudas por 2,3 M€ para I+D+i en acuicultura 27/07/2021
  • Hemoderivados porcinos en dietas de dorada para mejorar su potencial productivo e inmunitario 11/02/2021
  • Nuevas ayudas a la acuicultura andaluza por el Covid-19 08/02/2021
  • Balance de la acuicultura española en 2020 y perspectivas para 2021 08/01/2021
  • La acuicultura también da su opinión al Plan Hidrológico 2021-27 30/10/2020

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo