Coincidindo coa celebración en Santiago das Xornadas de Prevención de Riscos Laborais na Maquinaria Agroforestal, Xóvenes Agricultores quere reivindicar tanto para o sector agrícola como para o gandeiro e forestal, unha maior atención por parte da Administración no que respecta ós riscos laborais e, en especial, ás enfermidades profesionais.
Na actualidade non hai catalagoda específicamente como profesional ningunha enfermidade dentro do sector agrario, pese a que pola carga de traballo físico, contacto con animais, manexo de fitosanitarios e outros productos, uso de maquinaria e equipos, exposición á intemperie, etc. é precisamente este sector un dos máis conflictivos.
De considerarse como enfermidade profesional -e no caso de tratarse dunha incapacidade temporal- o agricultor cobraría, dende o día seguinte, unha prestación económica por baixa laboral que equivalería ao 75% da súa base de cotización. En caso de considerala común, como acontece a diario no campo, ese mesmo agricultor percibiría o 60% da súa base cotizadora, dende o cuarto ao vixésimo primeiro día. Despois pasaría a cobrar o 75%. En total, cada agricultor afectado por este suposto perde-ría 110 euros.
É por iso que Xóvenes Agricultores esixe que se artillen os mecanismos necesarios por parte das Administracións autonómica e central para que os agricultores adquiran os mesmos dereitos que os traballadores e profesionais doutros sectores. Na actualidade, tanto nas baixas por enfermidade como nas prestacións por incapacidade, os agricultores están claramente discriminados con respecto ao resto dos traballadores e as cantidades que perciben son moi inferiores, ao non lles seren recoñecidas coma derivadas da súa actividade profesional.
Doutra banda, o sector agario é o de maior número de incidencias, se ben a maoiría dos accidentes que se producen son de carácter leve, e non levan aparellado o correspondente parte oficial. Tampouco á maioría dos procesos de enfermedades conlevan a baixa do traballador. Esto é debido á propia estructura das explotacións, onde a man de obra é na maoiría dos casos insustituible, e a que os trámites esixidos non se compensan coas prestacións que se reciben. Así, na práctica, máis do 90% das incidencias por accidente ou enfermedade non se contabilizan oficialmente, polo que os datos estadísticos que facilita a administración non son en absoluto reais.
Polo contrario, os accidentes graves adoitan ser especialmente traumáticos e incluso mortais, e estes son prácticamente os únicos que se constatan oficialmente.
Santiago, a 24 de xaneiro de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.