Xóvenes Agricultores quere expresar a súa preocupación polo aprazamento da xuntanza da Mesa do Leite prevista para hoxe e agarda que o mércores da vindeira semana os industriais acudan a ela cunha proposta razoable e acorde coa situación do mercao. Ao mesmo tempo a nosa organización saúda a iniciativa do MAPA de convocar para o mesmo día unha reunión na QUE se analizará a grave situación que atravesa o sector. Ao noso entender, a reacción gubernamental obedece ás mobilizacións que os gandeiros levamos a cabo a pasada semana.
Para Xóvenes Agricultores non é de recibo que o prezo medio do leite ao consumidor esté en 85 céntimos, e nalgúns casos acade ou sobrepase o euro, mentres a nós págannos menos da metade. De feito, dende hoxe constanos que determinadas empresas xa fixeron efectivos os seus pagos do leite entregado en febreiro, cunha baixada de 3´8 a 5 céntimos (de 6 a 8 pesetas) en litro. Mais se agrava ainda a situación se temos en conta que os costes de producción de combustible, pensos e fertilizantes multiplicaronse ata por dous.
A nosa organización sigue reclamando que se chegue a acordos comerciais coas industrias, válidos para toda a campaña leiteira. Ao noso entender, a vía de resolución do conflito debe basearse na negociación, por iso condenamos que as industrias vulneren as normas e penalicen de maneira ilegal aos produtores que cambian de empresas roubándolles de 5 a 7 pesetas na última factura que teñan pendente, ou cobrando as multas da supertaxa de hai 4 ou 15 anos. Igualmente condenamos que as empresas pacten os prezos entre elas e as distintas Administracións con competencias na materia asistan impasibles a esta práctica ilegal.
Santiago, 17 de marzo de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.