Para Xóvenes Agricultores e para todo o sector productivo e industrial galego resulta inaceptable que, dende a Consellería de Sanidade se siga insistindo e considerando ó viño como producto alcohólico adictivo, unha consideración que pode acabar ocasionando graves perdas económicas. Non é de recibo que despois de que o Goberno Central retirara unha lei similar, a instancias do sector vitivinicola, agora, a Xnta de Galicia queira incurrir no mesmo erro e no mesmo abuso.
Estamos certos de que a teimosía e falta de diálogo dos responsables da devandita Consellería, ao seguir mantendo o viño na lei de drogodependencias, para ser regulado no mesmo “paquete” que as drogas, ocasionará graves prexuicios para os intereses de 18.000 viticultores e 475 adegas que, no pasado ejercicio produciron case 42 millóns de quilos de uva.
Despois de amosar a nosa fonda preocupación e rexeitamento total, dende Xóvenes Agricultores lamentamos que ningún responsable da Consellería de Sanidade escoitara e dialogara co sector productor, industrial, Consellos Reguladores e Organizacións Agrarias. Polo demáis, chaman a atención as declaracións feitas por Víctor Pedreira, subdirector xeral de drogodependencias aos medios de comunicación afirmando que “xa tiñan un acordo co sector”, extremo absolutamente incerto.
Compre lembrar que o sector vitivinícola galego, que abrangue unha superficie de case 10.000 hectáreas e factura cada ano arredor de 150 millóns de euros, xa suscribiu recentemente un manifesto en defensa dos viñedos e os viños, amparándose entre outras razóns no feito de que o propio Parlamento español aprobou o concepto de viño como alimento natural e a difusión, “co apoio das administracións públicas”, dos efectos saudables do seu consumo moderado.
O sector do viño contribue ao desenvolvemento rural, configura a nosa paisaxe, protexe o solo e ten un gran valor simbólico no marco da nosa cultura e da nosa historia. Polo que atinxe ao seu consumo, descendeu drásticamente de 70 a 24 litros por persoa e ano, o que contrasta cos problemas que efectivamente teñen que ver co consumo de alcohol pola xuventude, entre outras cousas porque ese consumo non é de viño senón de outras bebidas de alta graduación como vodka, ron ou whisky.
Santiago, 11 de abril de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.