Xóvenes Agricultores denuncia que a partir de hoxe as consecuencias do paro do transporte serán xa catastróficas para o sector agropecuario. Ademais das altísimas perdas económicas, serán irreversibles incidencias de tipo ambiental, ecolóxicas, de sanidade animal e saúde pública.
Só no sector productor lácteo galego, Xóvenes Agricultores estima que a partir de hoxe perderemos máis de 2.500.000 € cada día, en concepto de entregas de leite, ademais dos gastos derivados de danos colaterais.
Xóvenes Agricultores acusa a Administración de incompetencia absoluta para resolver o problema, e nin tan sequera de garantir uns servizos mínimos que permitan a pervivenza do sector productor, o suministro de alimentos para os consumidores e o cumprimento das garantías sanitarias e das obrigas medioambientais.
O Gabinete de crise establecido pola administración non é quen darnos solución aos problemas do agro:
• As industrias lácteas de Galicia xa non recollerán leite a partires de hoxe, polo que a situación é insostible.
• O transporte de pensos e de suministros de carburantes, medicamentos, a recollida de animais mortos, os movementos de animais vivos … están xa paralizados.
• As produccións hortofrutícolas están vendo coma os seus productos non teñen saída cara ós mercados.
Ademais do lácteo, os sectores mais problemáticos son os de producción de carne de porcino, avícola, cunícola, vacún… Tanto as crías de animais para cebo coma os que se atopan en pleno ciclo de crecemento, poden morrer en poucos días, ben por non poder ir ás explotacións de destino, ben por careceren da alimentos ou de tratamentos sanitarios, ou tamén por non poder chegar aos matadoiros.
A cuantía das perdas por estes conceptos serán pois elevadísimas e van a depender en boa medida da duración do conflicto.
Xóvenes Agricultores esixe da Administración que adopte urxentemente as medidas necesarias para solucionar os conflictos nos que nos atopamos ou que alomenos garanta os servizos mínimos necesarios para o sector agropecuario .
Santiago, 11 de xuño de 2008
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.