As organizacións Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego e as cooperativas galegas integradas en AGACA, diante da situación que atravesa a planta de Leite Pascual en Outeiro de Rei queren trasladar a súa solidariedade ós traballadores e traballadoras desta planta que neste momento ven perigar os seus postos de traballo.
Este expediente de regulación de emprego de Pascual é unha consecuencia clara das intencións da distribución multinacional, coa conivencia dos gobernos que refrendan as actuais políticas agrarias, co obxectivo de monopolizar todo o sector lácteo para fixar sobre el un modelo comercializador excluínte dos produtores e produtoras, ós que obriga a vender a súa produción pola metade do seu custo, baixo estratexias como o envasado en marcas brancas propiedade destas mesmas multinacionais.
Ante a expectación mediática desatada pola incerteza laboral dos traballadores e traballadoras de Pascual, as organizacións agrarias e as cooperativas insistimos en lamentar que estas 150 persoas se vexan nesta situación, mais lembramos que non van a ser a únicas, posto que preto de 100.000 empregos están vinculados directa ou indirectamente coa produción gandeira e ademais as 13.000 explotacións que quedan en Galicia teñen moi comprometido o seu futuro se nun prazo inmediato non se adopta por parte das administracións un plan de choque que faga viable o seu futuro, así coma o de industrias como Pascual e outras do sector.
Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores, Sindicato Labrego Galego e AGACA, fan un chamamento a toda a cidadanía a que se sume ás concentracións que terán lugar pasado mañá, 8 de maio, nas comarcas leiteiras de Galiza para defender a gandeiría galega diante deste ataque sen precedentes que pon en perigo a viabilidade económica do 50% dos concellos galegos que viven directamente do sector lácteo, abocando ao 80% do territorio de Galicia a converterse nun deserto económico e demográfico, co custe social e medioambiental que isto supón.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.