A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores considera “prioritaria nestes momentos” a aplicación efectiva e real, coa correspondente suba de prezos aos gandeiros, do pacto lácteo asinado en Madrid a finais do pasado mes de xullo. Xóvenes Agricultores está a traballar para que o Acordo de Madrid sexa xa unha realidade neste mes de setembro. Ademais, segundo explicou o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, “esiximos unha reunión urxente do comité de seguimento do acordo para que se execute o pactado”.
A xuízo de Francisco Bello “é necesario traballar arreo nestes días, porque é agora cando se van pechar as operacións de venta das industrias á distribución para os vindeiros meses. De aí que sexa preciso que ámbalas dúas partes, industrias e distribución, teñan en conta o acordado nesas operacións”. Xóvenes Agricultores é consciente da boa disposición de moitas industrias que xa están traballando para facer efectivo o aumento de prezos, pero esixe que todos os termos do Acordo de Madrid, sobre todo os relativos á distribución, sexan unha realidade neste mes. Xóvenes Agricultores está disposto a identificar a todos aqueles que incumpran o acordo, denunciar a súa postura e iniciar as accións necesarias para correxir esa situación.
“Este é o momento do traballo para facer que se cumpra o acordo e non o momento de movilizacións”, apuntou Francisco Bello, quen tamén pediu ó Goberno do Estado un compromiso como garante do cumprimento do acordo. Bello lembrou, por outra banda, que as medidas que está a adoptar a Unión Europea, cara á reunión da vindeira semana sobre a situación de crise do sector lácteo, “non son suficientes. É preciso un maior compromiso, que haxa axudas directas comunitarias, e ministeriais, para que non sexan só unha contribución exclusivamente rexional. As autoridades da UE teñen que darse de conta de que países deficitarios, como España, precisan de medidas excepcionais para afrontar unha conxuntura excepcional pola caída prolongada de prezos nestes meses”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.