Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Medio ambiente / Medio Ambiente / SLG: O noso seixo NON é a súa mina

           

SLG: O noso seixo NON é a súa mina

14/05/2010

Un mes despois do concerto en Muimenta da Caravana de Galiza Non se Vende1, e da manifestación celebrada ao día seguinte en Santiago de Compostela2, a Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Chá continúa coa súa acción reivindicativa e de denuncia, dando conta das consecuencias que a actividade mineira na Terra Chá traería consigo de levarse finalmente a cabo.

Dende fai un mes temos unha situación novidosa no aspecto lexislativo que agrava a situación:

O “salvavidas” co que contabamos era a prohibición da actividade extractiva en solo rústico de protección agropecuaria, é dicir, practicamente o 100% do territorio afectado pola solicitude da empresa ERIMSA.

O sector da minaría non cesou na presión sobre os nosos gobernantes, e o que non conseguiron na anterior lexislatura acábano de conseguir co actual goberno do Partido Popular.

O pasado 31 de marzo publicábase no DOG a modificación da Lei do Solo, figurando a substitución da prohibición existente de realizar actividades mineiro-extractivas en solo rústico de protección agropecuaria pola “posíbel autorización por parte da comunidade autónoma”. Polo tanto, coa actual lexislación levántase a prohibición e pasa a ser autorizable.

Que significa isto na práctica?: Que o goberno actual vai autorizar ou non a actividade extractiva dependendo da presión que sexamos capaces de facer, e de que vexan perigar un puñado de votos, ou a Deputación. É triste que o futuro da Terra Chá dependa duns votos pero quen vivimos aquí temos claro que esta é a realidade.

Festival reivindicativo3

Diante desta situación, a Comisión de Asociacións decidimos organizar unha nova xornada–festival para seguirmos denunciando esta situación e demandar a anulación da solicitude de extracción de seixo na Terra Chá solicitada pola empresa ERIMSA.

Esta Xornada vaise a celebrar o vindeiro sábado 22 de maio, no recinto de Moexmu (Mostra Exposición de Muimenta), dende a tarde até a noite. Contaremos con actos informativos, co apoio de persoeiros públicos e coas actuacións musicais de grupos que tocarán de balde para apoiarnos.

Nin que dicir ten a importancia de que a esta xornada informativa e festiva acuda o maior número de veciños e veciñas, especialmente por dous motivos: para preguntar ás e ós membros da Comisión que alí estaremos o que se precise, e para que o noso problema trascenda máis aló dos nosos concellos, e deste xeito continuar a organizarnos e recabar apoios para a nosa loita.

Estarán convidados e convidadas a esta xornada, ademais de representantes públicos de todos os partidos políticos, representantes no Parlamento galego, concelleiros/as municipais, representantes no goberno do Estado e das Deputacións.

E de xeito moi especial, está convidado tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo4.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Alerta del impacto de los mega incendios en la fauna silvestre y su relación con el campo 04/09/2025
  • Unió de Pagesos pide actuar contra la fauna cinegética en sus fincas 30/07/2025
  • Castilla-La Mancha: denuncian que la sobrepoblación de conejos sigue fuera de control 11/07/2025
  • Los ayuntamientos valencianos ya pueden solicitar ayudas para controlar la sobrepoblación de jabalíes 10/07/2025
  • ¿Es este el año más frío del resto de su vida? 03/07/2025
  • Bruselas propone reducir un 90 % las emisiones de gases de efecto invernadero para 2040 03/07/2025
  • Una herramienta digital permite simular cómo afectará la erosión del suelo en los próximos 100 años 24/06/2025
  • Activado un plan de control poblacional de jabalíes en Girona 06/06/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo