Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / Xunta y AGACA estudan a eficiencia enerxética en explotacións lácteas co fin de reducir custos e incrementar a produtividade

           

Xunta y AGACA estudan a eficiencia enerxética en explotacións lácteas co fin de reducir custos e incrementar a produtividade

10/01/2011

A Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) veñen de iniciar a elaboración dun estudo de optimización enerxética en 10 explotacións lácteas, representativas da actividade, tanto por dimensións como xeograficamente, co obxectivo último de reducir os custos de funcionamento e de incrementar a produtividade no sector.

Esta actuación, que se integra na estratexia global da Xunta pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética, iniciouse coa sinatura dun convenio entre asinado polo director do Instituto, Eliseo Diéguez García, e polo presidente da devandita asociación de cooperativas, que agrupa a máis de 100 e que aglutina a 40.000 membros do sector agroalimentario galego, José Luis López Vázquez.

Mediante o devandito acordo, que estará vixente até o 15 de setembro de 2011, o Instituto Enerxético de Galicia achegará 45.000 euros para a realización de 10 auditorías, que serán levadas a cabo por Agaca, nas explotacións elixidas, cunha axuda de até o 75%, a fondo perdido, e de 4.500 euros por cada un dos estudos realizados.

En base ao convenio, Agaca comezou a desenvolver, desde o pasado mes de novembro, os primeiros pasos para a realización deste estudo sectorial que permitirá coñecer a eficiencia enerxética das explotacións gandeiras de leite de Galicia, a través da identificación dos consumos enerxéticos térmicos e eléctricos rexistrados nas instalacións avaliadas.

Mostra representativa

Até o momento seleccionáronse as 10 explotacións galegas obxecto de estudo, de diferentes tamaños e características, con salas de muxido en espiña ou con robot, dotadas ou non de instalación solar térmica, etc. na procura de confeccionar, deste xeito, unha mostra representativa das 12.000 explotacións de leite de Galicia que permita facer unha extrapolación cos datos acadados.

Ademais, para levar adiante este plan de optimización enerxética no sector lácteo realizaranse auditorías individuais de cada explotación e un informe global de eficiencia enerxética, no que se analizarán as posibilidades de utilización do biogás a partir de residuos agrogandeiros e emprego de enerxías renovables. Sobre cada unha das medidas propostas cuxa aplicación resulte de interese, elaborarase unha estimación do investimento necesario para implementalo, do aforro enerxético derivado e do período de retorno simple do investimento que faría falla para realizar cada unha das actuacións recomendadas.

A obtención de datos virá determinada mediante enquisas específicas onde se constate información como potencia eléctrica contratada, produción leiteira, periodicidade de recollida de leite, número de puntos de muxidura, superficie agrícola, etc. e outra referida aos tempos empregados nos labores, aos consumos de enerxía e auga, segundo a maquinaria empregada, consumos de combustibles, alumeado e incluso, os consumos referidos á vivenda.

Así mesmo examinaranse as características xerais das edificacións (superficie, orientación, tipo de fachada e cuberta) e das instalacións (motores, potencias, horas de utilización, etc.) e incluso estase a instalar un aparello para analizar os picos de consumo eléctrico durante as 24 horas do día, ao tempo que se recollen os consumos de enerxía eléctrica e de gasóleo para obter uns ratios de consumo enerxético en relación coa produción de leite.

Primeiras visitas ás explotacións

Os técnicos de Agaca xa visitaron dúas explotacións situadas na zona de Silleda para realizar o traballo de campo. A primeira explotación a auditar é unha explotación familiar de 35 vacas en muxidura e 300.000 quilogramos de cota distribuídas nunha sala en forma de espiña, mentres que a segunda dispón de 180 vacas en muxidura e 1.300.000 kg de cota nunha sala de muxido traseiro. Proximamente comezarase a estudar outra explotación, emprazada en Palas de Rei, e que posúe unha instalación solar térmica para quentar a auga de limpeza das instalacións, así ata completar as dez obxecto do convenio, que terá que estar finalizado en setembro de 2011.

O fin último que Economía e Industria, a través do Inega, e Agaca pretende co desenvolvemento do presente estudo é optimizar o consumo enerxético nas instalacións analizadas, reducindo os custos de funcionamento e mellorando a súa competitividade, conscientes da existencia en Galicia de 12.000 establecementos de vacino orientados á produción de leite, nos que é posible incrementar o uso racional de enerxía, co conseguinte aforro enerxético e económico. Trátase de que os resultados finais do estudo teñan replicabilidade en máis casos, é dicir, que esta práctica de aposta polo aforro e a eficiencia no sector leiteiro constitúa un referente a seguir en máis instalacións.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo