Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Agricultura / Vino / O decreto sobre a documentación no transporte de produtos vitivinícolas non garante a trazabilidade do produto

           

O decreto sobre a documentación no transporte de produtos vitivinícolas non garante a trazabilidade do produto

26/04/2011

O Consello Agrario Galego debateu onte, 19 de abril, a proposta de decreto polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector. Neste Consello Agrario, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, propuxo e fixo que constaran como voto particular as seguintes consideracións:

1. Unha vez máis, preténdese sacar un decreto de costas á realidade galega e á constatación da existencia dunha figura, a de “colleiteiro/a”, que recoñece a propia Xunta de Galiza na tramitación de legalización das adegas, pero que non ten unha aplicación específica en canto á simplificación de tramitacións e normas, ao tratarse de pequenas explotacións familiares que vinifican a súa propia uva e cun control total sobre a procedencia, trazabilidade e calidade do viño resultante.

2. En relación aos documentos de acompañamento para o transporte de uvas, viños e mostos, este decreto -que emana do regulamento comunitario 436/2009-, supón a non garantía da trazabilidade do produto. Ademais, o decreto segue permitindo unha práctica habitual e irregular na Galiza: a entrada de “uvas do camión” procedentes de zonas con custes mais baixos de produción (A Mancha, Estremadura, Castela León, Portugal …) cunha mostra clara de venda na rúa en moitas cidades e vilas de Galiza entre setembro e outubro. Indo ao miolo, respecto á documentación destinada a acompañar o transporte de produtos vitivinícolas, o decreto:

2.1. Non garante a trazabilidade do produto e, moito menos, a procedencia concreta, xa que cando se transportan uvas ou viño, non é preciso identificar ao viticultor/a, nin a parcela de onde proceden. Tampouco se obriga a separar produtos de procedencias diferentes (caso habitual no relativo as “uvas do camión”: un transportista compra a varios produtores/as de uvas até encher o camión, solicita autorización e visado de documentos de acompañamento, e logo vende a varias persoas que se achegan ao lugar determinado onde o transportista se pon a vender. En caso de problema sanitario, non se pode saber quen é responsable, nin o motivo).

1.2. Permite que o expedidor do documento poida ser produtor, industria, comercial ou transportista, podéndose dar o caso de que o expedidor e o transportista sexan a mesma persoa. Ao entender do SLG, o expedidor deberá ser quen vende e destinatario quen compra.

1.3. Non contempla ningún mecanismo para comprobar que cunha guía se podan estar dando varias viaxes nunha mesma campaña, xa que se pon data de inicio de transporte pero non se pon data prevista de entrega.

1.4. Non obriga a que o documento de acompañamento deba ir acompañado do albarán de venda de produto.

Ademais, o SLG considera que non pode servir este documento como certificación de procedencia cando non reúne os requisitos mínimos de trazabilidade aos que fixemos referencia.

3. Este decreto tamén supón un aumento de burocratización na xestión das adegas. No relacionado cos rexistros que teñen que levar as adegas elaboradoras e embotelladoras, o regulamento comunitario 436/2009 indica que se deben levar os rexistros, pero non di como se ten que facer. Por iso, o Sindicato Labrego propón que os 8 libros que obriga a levar o decreto (libro de rexistro de entradas e saídas; libro de embotellados; libro de rexistro de procesos de elaboración; libro de rexistro de prácticas enolóxicas; libro de rexistro de elaboración de viños espumosos; libro de rexistro de elaboración de viños de licor; libro de rexistro de embotellado de espumosos gasificados; libro de rexistro de embotellado de agulla gasificados, aromatizados e alcoholizados) se reduzan a 3 libros, con casillas específicas para cada anotación: Libro de rexistro de entradas e saídas, libro de embotellados, e libro de procesos de elaboración e prácticas enolóxicas.

Os labregos e labregas somos os primeiro interesados en que se cumpra a trazabilidade do produto, e que quede clara a procedencia. Mentres os produtores/as temos que cumprir cunha burocracia excesiva e complicada para garantir a trazabilidade, a procedencia e a calidade das nosas producións; a Xunta facilita, con este decreto, aos comerciantes e especuladores a total liberdade para deslocalizar e desvincular o produto do territorio e do viticultor/a, aínda cando se pode poñer en risco a saúde das persoas consumidoras.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Vendimia 2025: la segunda peor del siglo XXI, 18/09/2025
  • La vendimia en España será una de las más cortas de la historia, pero con uva de gran calidad 17/09/2025
  • COAG alerta de la crisis estructural del vino en España ante la caída del consumo y el abandono de viñedos 17/09/2025
  • AIVE pide a las cooperativas no vender vino por debajo de costes 17/09/2025
  • La vendimia 2025 en el Marco de Jerez se cierra con 35 millones de kilos de uva 17/09/2025
  • Cooperativas Agro-alimentarias reduce su previsión de vendimia a 34 Mhl 16/09/2025
  • Desangrando a los agricultores 16/09/2025
  • Reclaman un estudio oficial de costes para denunciar precios ruinosos de la uva 16/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo