Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / A seca primaveral obriga a que o gandeiro gaste 1.200 euros máis en pensos ao mes para alimentar o seu gando

           

A seca primaveral obriga a que o gandeiro gaste 1.200 euros máis en pensos ao mes para alimentar o seu gando

02/06/2011

O período de bo tempo que deu lugar a unha das primaveras máis secas das últimas década está traendo importantes consecuencias no sector agrogandeiro. Así, sobre unha estimación de redución do pasto do 40%, os gandeiros galegos están abocados a afrontar un sobregasto destinado á substitución da forraxe por pensos que ascende a 1.200 euros mensuais. Así se desprende dun informe elaborado polo sindicato Unións Agrarias, no que se adianta, que de continuar esta tendencia sen que esta situación repercuta no incremento do prezo dos produtos, os gandeiros galegos verán como os seus ingresos diminúen un 35% ao ano.

Para Unións Agrarias, estes datos non veñen máis que a incidir na débil economía que sustenta a miles de familias que viven no rural galego, polo que “é preciso e urxente reconducir esta situación”, afirmou Roberto García, secretario xeral de UUAA, ao tempo que alerta da posibilidade de que moitas delas decidan pechar a súa explotación por falta de viabilidade.

Diante desta situación, a organización sindical insta ao Goberno galego a que, sen restar importancia ás medidas que ten adoptado para garantir o subministro de auga á poboación, teña en conta as repercusións que esta situación está tendo na actividade económica máis importante do 50% dos concellos galegos.

Neste sentido, solicita á Consellería de Medio Rural a que pulse o sector e tome conciencia da realidade do mesmo co fin de habilite unha liña de incentivos que axude aos gandeiros a facer fronte a este imprevisto. Ao mesmo tempo, lembra que o Goberno francés acaba de aprobar unha liña de axudas de ata 1.000 euros por explotación para afrontar as consecuencias da seca.

Efectos na campaña contraincendios

Do mesmo xeito, Roberto García fai un chamamento para que se avalíe esta situación de seca no futuro dispositivo de prevención e loita contraincendios do verán. Para o responsable sindical, as consecuencias desta primavera poden derivar nun maior número de incendios, xa que os solos teñen menores índices de humidade.

Neste sentido, e ante os recortes aos que se veñen asistindo cada ano por parte do Goberno galego na campaña contra o lume, o secretario xeral de UUAA lembra unha vez máis o papel do gandeiro na ordenación e protección do territorio. “Alí onde hai ganderías activas, non hai lume”, afirma.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo