Unións Agrarias ven de destacar a política errática da Xunta de Galicia en materia de incendios que fixo que
este ano leven ardidas xa 12.000 hectáreas, o que representa o 40% do total ardido en España (ao redor de 30.000). A organización sindical responde así ás declaracións do conselleiro de Medio Rural que este martes se gababa no Parlamento de Galicia de cumprir todos os obxetivos fixados no Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais (Pladiga).
Unións Agrarias lembra coma nesta campaña houbo unha total dependencia do clima, e destaca que en xuño cando subiron as temperaturas houbo unha primeira vaga de lumes que estivo a punto de saírse de control, cousa que
non chegou a suceder grazas ao cambio das condicións meteorolóxicas e o apoio da UME xunto cos medios do MARM.
Ademais, os lumes máis grandes tiveron lugar nas zonas abandonadas de actividade agrogandeira, onde non hai prados, pastos e cultivos que fagande cortalumes natural. Ambos feitos veñen dar a razón a Unións Agrarias cando advirte de que é preciso un cambio de modelo, e que a pesares do gasto en extinción, no que Galicia leva empregados máis de 200 mil millóns das antigas pesetas dende o ano 1990, sigue ardendo en función do clima, e máis onde hai abandono rural.
Na presente campaña quedou patente que unha axeitada coordinación cos medios do Estado aumenta a eficacia e permite aforrar no despregue propio, o que garantiría liberar fondos para cofinanciar medidas de prevención, xestión forestal e proxectos europeos de desenvolvemento rural. Todo isto traería como consecuencias aumentar prevención e as axuda sa viabilidade das explotacións, verdadeiros axentes que xeran prevención no territorio.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.