As explotacións gandeiras de Galicia están vendo como se lles retrasa o ingreso das partidas correspondentes as Axudas de Eficiencia Enerxética, as dos Plans de Mellora ou as da PAC, debido aos requerimentos que nestes días a Axencia Tributaria lles está facendo chegar.
Estes requerimentos están relacionados coa Declaración anual de operación con terceiras relativa ao exercicio de 2010, na que se consigna os movementos económicos máis de 3.000 euros que realizan as granxas con outras empresas.
Na inmensa maioría dos casos as reclamacións da Axencia Tributaria non son procedentes xa que obedecen a erros nas súas bases de datos nas que inclúen a explotacións que está eximidas de pago. Erros que sen embargo obrigan aos gandeiros a empregar tempo e diñeiro e facer alegación aos requerimentos. Por outra parte a apertura destes expedientes, que poden chegar a tardar varios meses en ser pechados, fai que as axudas pendentes de ingreso se paralicen ata a súa resolución.
Unións Agrarias esixe a paralización inmediata destes procedementos e a aplicación dun maior rigor no traballo da Axencia Tributaria polos graves problemas que está a causar nunhas economías ao límite que como están as das explotacións gandeiras de Galicia. E lémbralle a AET que as administracións están para resolver problemas e non para crealos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.