Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG pediralle a Arias Cañete que non legalice a extorsión ás explotacións lácteas con contratos obrigatorios sen prezo

           

O SLG pediralle a Arias Cañete que non legalice a extorsión ás explotacións lácteas con contratos obrigatorios sen prezo

15/02/2012

A secretaria xeral do Sindicato Labrego, Carme Freire, reunirase co Ministro de Agricultura este xoves na xuntanza da Interprofesional Láctea (Inlac)

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, ofreceu hoxe, 14 de febreiro, unha rolda de prensa para poñer de manifesto as demandas que diante do ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, fará o vindeiro xoves, 16 de febreiro, na xuntanza que este manterá coa Interprofesional Láctea (Inlac), e na que Freire, xunto a Charo Arredondo, representará á Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG).

En concreto, Carme Freire revelou que serán tres as peticións que lle faga ao Ministro de Agricultura:

Que non permita a extorsión que se vai promover dende o Ministerio que dirixe, ao obrigar ás explotacións lácteas a asinar contratos con prezos de miseria (prezos de referencia de mercado) so pena de perder unha parte das axudas da Política Agraria Común (PAC) (BOE do 24 de xaneiro do 2012 -Real Decreto 202/2012, de 23 de xaneiro sobre la aplicación, a partir del 2012, dos pagos directos á agricultura y á gandería). Este Real Decreto pode e debe ser modificado para paralizar a extorsión

Tamén se lle solicitará ao ministro de Agricultura que reforme o “decreto lácteo” publicado en Abril do 2011 polo anterior Goberno e que regula os contratos no sector “porque non inclúe ningún tipo de garantía nin base legal para que as explotacións, a través das OPLs (Organizacións de Productores Lácteos) poidan negociar coas industrias uns prezos que cubran sequera os custes de produción e o traballo”. Os contratos lácteos, tal e como os regulou o anterior Goberno, teñen como referencia de prezo os valores do mercado mundial. Para Carme Freire, “se o Ministerio acepta este tipo de contrato para impoñerlle ao sector, serán os prezos mundiais de miseria -que regulan as multinacionais da distribución- os que se impoñan a través das industrias ás explotacións, significando a ruína de miles de familias, o abandono de máis explotacións; e favorecendo a concentración da produción a nivel industrial, coas consecuencias sociais, medioambientais e económicas que xa están hoxe motivando a desfeita do medio rural en toda a Unión Europea”. Contratos sí pero primeiro garantía de prezo que cubra costes.

O SLG pediralle a Arias Cañete que o Ministerio que dirixe se posicione, clara e publicamente, no debate da reforma láctea que está de plena actualidade a nivel da Unión Europea, en contra da proposta de supresión do control da produción leiteira e apostando pola regulación do mercado. As consecuencias, de ir isto para adiante, sería un exceso de produción en toda a UE que botaría os prezos por terra e deixaría materia prima barata e excendentaria ás industrias e á distribución para inundar os mercados. Isto tería consecuencias dramáticas e suporía o peche de miles de explotacións, tanto na UE polos baixos prezos; como en terceiros países, polas exportacións por baixo dos custes de produción (dumping)

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo