Unións Agrarias reclama da Consellería de Medio Rural e Mar a convocatoria inmediata da Mesa do Leite ante o anuncio no día de hoxe por parte da Interprofesional Láctea, (INLAC) dos índices de indexación que rexerán desde agora para a formación do prezo do leite.
Nesta reunión, que leva desde o mes de outubro sen ser convocada pola Xunta de Galicia, o sindicato vai denunciar a actitude de determinadas empresas que como Lactalis e Capsa están a introducir nas últimas semanas no sector rumores sobre futuras baixadas nas cotizacións finais lácteas, co obxectivo de partir dunha situación de vantaxe. Ademáis chama a atención que o caso desta última industria na que casualmente o seu conselleiro delegado é a súa vez presidente da federación Nacional de Industrias Lácteas, (FENIL), polo que eran totalmente coñecedores da inminente publicación dos índices.
Por outra banda a xuntaza co sector debe valer para que a conselleira Rosa Quintana se comprometa na aplicación das medidas contidas no Paquete Lácteo toda vez que a norma xa conta con tódalas bendicións da Unión Europea e do Goberno español.
Galicia leva soportando ao longo destes anos un diferencial en prezo de máis dun 5% co resto das outras zonas produtoras do resto do estado a pesar de contar co maior volumen de produción polo que a Xunta de Galicia non pode adiar máis unha actuación decidida contra das causas estructurais e de mercado que están a motivar esta realidade.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.