Os últimos datos sobre evolución dos prezos do leite en España e Galicia confirman a negativa traxectoria do sector e os problemas que están a padecer os produtores galegos. Segundo as estatísticas, o prezo medio ponderado no conxunto de España situouse no mes de febreiro nos 0,33 céntimos por litro, mentres que en Galicia o dato quedou nos 0,31 céntimos por litro. Xóvenes Agricultores, como xa ten manifestado noutras ocasións, considera que non existe ningunha razón obxectiva que xustifique este diferencial negativo de Galicia co conxunto do Estado e as diferencias con outras zonas produtoras (en Asturias, por exemplo, a media de febreiro foi de 0,34 céntimos; en Castela-León, 0,33; e en Andalucía, 0,36).
A organización profesional agraria, que xa mantivo contactos nas últimas semanas coa Consellería do Medio Rural e do Mar para debatir a actual problemática do sector lácteo, vai levar á Mesa do Leite do próximo día 20 de abril esta denuncia sobre diferencial de prezos e vai demandar das industrias que comecen a aplicar os índices de referenciación de prezos de leite no mercado que aprobou hai dous semanas a INLAC.
A gravidade da evolución negativa dos prezos do leite en Galicia súmase á suba constante dos custos de producción que parece non ter fin, unha realidade que se agravou, aínda máis, dende o outono pola escasez de precipitacións.
Xóvenes Agricultores espera que, froito deses contactos coa Admistración autonómica, se convoque tamén a Mesa da Seca para analizar os danos provocados pola falta de choiva e arbitrar medidas financeiras de apoio aos gandeiros.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.