Unións Agrarias reclamou hoxe que a Mesa do Leite traslade o Presidente da Xunta a necesidade de que lidere a procura de solucións diante do Goberno central, para sacar o sector lácteo galego do risco certo de estrangulamento financieiro, por mor dunha escalada dos custes de produción combinada cunha baixada dos prezos que os gandeiros galegos perciben por parte das industriais.
Para Roberto García, secretario xeral de UUAA é “imprescindible que tódalas patas da Mesa do Leite tomen unha postura clara de defensa dun sector estratéxico como o lácteo, e que Núñez Feijoo se poña ao fronte na reclamación en Madrid de vías de solución para a nosa produción, xa que é en Galicia onde a pinza de subas de custes e baixas de prezos están afogando a un sector que como o lácteo aporta a día de hoxe 56.000 empregos”.
Neste sentido, é fundamental que o consenso de industria, produtores e administración de o froito dunha postura común diante da distribución que é a que impide que as explotacións galegas, a pesar de ter un mercado de proximidade deficitario de leite, vexan como as francesas perciben case que un 10% máis de prezo a pesar de estar nun marco claramente excedentario. Para o sindicato, os gandeiros galegos precisan que a Xunta lles esixa aos Ministerios de Agricultura e de Economía que metan en cintura a distribución francesa e alemá para nos deixe de tratar como o sumidoiro para a súa produción láctea a costa de arruinar a zonas produtoras como Galicia.
O sector lácteo galego está pendente de moitas actuacións no ámbito da terra, no desenvolvemento das OP ou na aplicación do Paquete Lácteo, que son moi importantes porque van a marcar o futuro. Pero neste momento o máis importante, en palabras de Roberto García, “é parar a hemorraxia financieira do sector xa que de nada nos servirá o futuro se non damos chegado el”.Finalmente a Mesa do Leite, recollendo a proposta de UUAA, trasladaralle ao Presidente da Xunta a necesidade de manter unha reunión con carácter de urxencia para concretar unha postura en común diante do Goberno central.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.