O sindicato Unións Agrarias denuncia a falta de compromiso co sector primario que se traduce da lectura da convocatoria de Plans de Mellora para 2012 que vén de facer pública a Consellería do Medio Rural.
Resulta moi sospeitoso que despois do retraso que sufriu a publicación da Orde agora dean un prazo de tan só un mes, e plena tempada de ensilado, para presentala documentación o que vai supoñer que moitos solicitantes non poidan completar os trámites. Especial preocupación presenta a limitación temporal a 30 de setembro para as licencias de obra, tendo en conta que no 2011 o prazo era de nove meses e aínda así quedaron moitos destes permisos sen tramitar.
Polo que respecta ao orzamento, Medio Rural mantén a inversión 2011, (que deixou fora ao 50% das solicitudes), pero cunha nova volta de torca xa que non permiten solicitar nin reformas nin obras similares ás que xa se solicitaran nos últimos 5 anos, algo incomprensible fundamentalmente no sector lácteo cando o que se acostuma a solicitar son ampliacións da explotación segundo se vai necesitando e esta Orden limita a cada 5 anos.
Sorprende o desinterese de Medio Rural cando sabe que esta liña de axudas é a principal porta para a incorporación de xente nova ó agro así como para a modernización e redución de custes das explotacións. Para Unións Agrarias esta maneira de desentenderse da mellora da competitividade do medio rural por parte do goberno de Feijoo xa quedou patente no 2011 onde se denegaron o 50% dos plans de mellora e se reduciu nun 10% o importe subvencionado dos aprobados.
Nos plans de melloras Xunta e Ministerio so aportan o 21% xa que o resto corresponde a financiamento europeo, polo que resulta inexplicable a actitude cicatera da Consellería que impide que chegue investimento ao medio rural galego. Hai que lembrar que as preto de 1.000 explotacións que se poden beneficiar anualmente destas axudas, deben investir nas melloras como mínimo o dobre da subvención recibida, un montante que vai a empresas do medio rural axudando a crear emprego.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.