Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / As prácticas da distribución están a destruir o sector lácteo galego según SLG

           

As prácticas da distribución están a destruir o sector lácteo galego según SLG

03/09/2012

O Sindicato Labrego Galego pídelle ao ministro Miguel Arias Cañete que tome medidas obrigatorias que acaben coa práctica habitual do sector da distribución e da industria de imporlles ás produtoras e produtores de leite prezos por debaixo dos custos de produción, no marco de guerras comerciais entre as distintas cadeas.

O Ministerio manifestou que non ía estar indiferente neste momento de enormes subas dos custos de produción e solicitoulles apoio á distribución e á industria, e que integrasen nas súas dinámicas empresariais o interese estratéxico do sector lácteo, sinalando textualmente que “o que se paga polo leite máis as axudas europeas está por debaixo dos custos de produción.

O S. L.G. valora positivamente o primeiro paso que supón o compromiso do grupo Asedas no que está integrada Mercadona de chegar a un acordo coa industria para subir o prezo do leite a gandeiras e gandeiros no pagamento de setembro, despois da análise da suba dos custos de produción.

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego Isabel Vilalba sinalou na xuntanza co ministro a necesidade urxente de que toda a distribución e a industria se comprometan con carácter inmediato na suba do prezo do leite que se paga ás gandeiras e gandeiros, debido á insostibilidade dunha situación na que o prezo de calquera fórmula de alimentación do gando custa arredor do 130% en relación co prezo do leite.

Por outra parte, o SLG tamén considera positivo que se inicie un programa de control da calidade do leite sobre as empresas e a distribución por parte das comunidades autónomas e do Ministerio, así como a intención expresada polo ministro de que se poñan medidas para evitar que o paquete lácteo e os contratos se convirtan nunha ferramenta para poñer na corda frouxa aos produtores e produtoras.

O S.L.G. quere destacar o feito de que o ministro sinalase con claridade que as prácticas da distribución están a arruinar un sector estratéxico, dado que podemos estar nun escenario no que desaparezan miles de explotacións, de postos de traballo, e mesmo chegar nun futuro próximo a depender totalmente das importacións para acceder a un produto de primeira necesidade como o leite, e que os prezos de acceso para a parte consumidora sexan moito máis elevados e mesmo se chegue a comprometer a seguridade alimentaria no estado español.

Despois de recoñecer de que como ministro nunca tivo a certeza dunha situación de dificultade como a que están a pasar as 22.000 explotacións lácteas e de que hai un gran compoñente social que debería evitar que se empregase o leite nunha guerra comercial, o ministro emprazou á distribución a unha xuntanza bilateral para o xoves da semana que vén.

Para o SLG, a actuación do Ministerio non pode ser só pedir boa vontade da distribución para que deixe de impor prezos ruinosos para as explotacións, posto que hai claramente ilegalidades que deben ser perseguidas e sancionadas como o feito de que a distribución impoña prezos de venda que obriguen a un sector a vender a perdas, haxa acordos recoñecidos pola Comisión da Competencia das Industrias para impor estes prezos ruinosos, ou que haxa leite francés estandarizado a 26 céntimos no Estado Español, cando cos prezos que se pagan en Francia máis os transportes sería imposible que baixase de 33,50 céntimos..

O ministro tamén sinalou que está a traballar co Ministerio Francés sobre o tema do incremento do prezo dos cereais, indicando que, á parte de algúns outros motivos como a seca nalgúns países, está a ser determinante a especulación dos mercados de futuros para esta volatilidade. Dende o Sindicato Labrego Galego, queremos lembrar que está volatilidade que está a comprometer a alimentación da nosa gandeiría, tamén é responsable da fame de millóns de persoas no mundo. Por isto, demandámoslles as administracións estatais e europeas medidas urxentes e decididas que acaben dunha vez por todas co volatilidade de prezos e coa especulación financeira no mercado de alimentos.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo