Despois da frustración que causou no sector lácteo de Galicia a total ausencia de propostas por parte do Ministerio de Agricultura na reunión de onte con interprofesión láctea para corrixir a estafa continuada que sofren os gandeiros por parte das industrias, Unións Agrarias faille un novo chamamento a responsabilidade dos presidentes da Xunta e do Goberno para que actúen de xeito decido e inmediato ou presenciarán o colapso do sector lácteo.
Para Roberto García, secretario xeral de UUAA, “Arias Cañete reinterpreta a Pilatos deixando aos gandeiros galegos nas mans da boa vontade da industria, algo completamente irresponsable dada a folla de servizo que posúe”. Por outra banda o feito de adiar a mediados de setembro calquera iniciativa confirma que tanto o Ministerio de Agricultura como a Xunta de Galicia pretenden gañar un tempo do que non dispoñen as explotacións gandeiras galegas posto que cada mes perden 13 millóns de euros, polo incrementos de custes de produción -4 cts/litro no que vai de ano (sen contar o da seca do ano pasado)- e a baixa no prezo do leite -2 cts/litro que temos de media de menos respecto ó prezo medio de España-.
Unións Agrarias esixe de Núñez Feijoo que faga os deberes e convoque a distribución en Galicia para poñer fin ao uso do leite como produto reclamo nos seus supermercados. Neste sentido Roberto García lémbralle a Núñez Feijoo que “asuma dunha vez o que representa o sector lácteo para Galicia e se poña a fronte para que o Goberno actúe de xeito decidido contra quén especula contra o medio de vida de 65.000 galegos”.
A Xunta de Galicia ten tódalas competencia na man para controlar a entrada de leite a prezos por debaixo do prezo de que se paga en Francia pola súa produción. Unións Agrarias espera que desde o goberno galego se faga algo máis que mandar cartas ao ministro de Agricultura, para atallar unha práctica que está afogando ao sector lácteo en Galicia, e que de non actuar será motivo de radicalización das accións de defensa do sector.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.