O acordo asinado o pasado 7 de decembro entre as organizacións agrarias e a Xunta de Galicia recollía, entre outros puntos, que dende Galicia se influiría o máximo nivel para que a Lei da cadena agroalimentaria contemplara a ilegalidade de vender un producto por debaixo do seus custos de producción.
Nas reunions de traballo que seguiron a firma do acordo mesmo se consensuou un texto entre a Consellería de Medio Rural e as Opas, pero a pesares de esto o borrador da Lei que saío do Consello de Ministros non recolle esta importántisima cuestión.
Nas últimas datas Xovenes Agricultores e as demais Opas vimos mantendo reunións con todolos grupos políticos, presentes ou representados, no Congreso dos Diputados co fin de que no trámite parlamentario da mencionada Lei se inclua a citada referencia a construción dos precios dos alimentos os seus productores dun xeito máis transparente e equitativo e nuca por debaixo dos costes de producción que con metodoloxía estatística fiable se determinen por organos independentes.
Cabe destacar que todolos grupos políticos entenderon a grande relevancia desta cuestión e todos se amosaron partidarios de incluíla na redacción da nova Lei a traves do trámite parlamentario que se esta a iniciar.
En todo caso, o feito de que a problemática do sector lacteo e a construcción dos precios en orixe estivese presente na reunión entre os Presidentes Rajoy e Feijoo, é para Xovenes Agricultores proba suficiente da relevancia que ambolos dous mandatarios conceden a un pilar fundamental da economía galega como é o lácteo.
En consecuencia, en XXAA, estamos convencidos de que no trámite parlamentario da Lei se recollerá esta histórica reivindicación do sector productor relativa a construción de prezos dende “abaixo cara arriba” que de seguro mellorará as rendas agrarias de miles de productores deste país.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.