Unións Agrarias, logo de coñecer as declaracións do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, manifesta o seu estupor polo que considera case un sarcasmo. Escoitar dicir que a Xunta de Galicia é totalmente allea a situación de Alimentos Lácteos supón un exercicio de cinismo que esperemos non agoche a intención do Goberno galego de que sexan os gandeiros os que paguen os “pratos rotos” da situación pola que atravesa a firma de Outeiro de Rei. No se entendería que os produtores fosen unha vez máis convertidos en reféns dunha nova creba empresarial que están ó sector lácteo galego a converterse a corto prazo en residual.
Non cabe pois o “ausentismo institucional” no que parece instalado o Goberno galego respecto da caída de pranta xa que ten unha total implicación tanto nun deseño empresarial pensado en clave política como na xestión a que destinou fondos e avais públicos para cubrir os déficits. Cada día que pasa é unha oportunidade perdida de evitar deixar na estacada os traballadores da planta Outeiro de Rei e os gandeiros os que se lle debe unha media de 20.000 euros. O sindicato insiste en que o Goberno galego ten cando menos unha débeda moral cos máis de 1.000 gandeiros e os case 100 traballadores que o sitúa como responsable subsidiario dos impagos e débedas que vaia a xerar Alimentos Lácteos na súa caída.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.