Como é sabido, Galicia conta con máis da metade dos núcleos de poboación de España e co maior numero de vivendas illadas por kilometro cuadrado de todo o Estado, e máis do 90% do territorio galego é rural.
Partindo desta realidade, ao noso xuizo, o texto proposto, pode dificultar as actividades e a fixación de poboación no medio rural ó limitar os usos dos solos, e ó dificultar os procesos de mellora da estructura territorial.
Dende o noso punto de vista é necesario facilitar o normal desenrolo das actividades agrarias, gandeiras e forestais asi como a implantación de proxectos industriais ou do sector servicios que favorezan a fixación de poboación no medio rural.
Por outra banda un dos compromisos acadados pola Xunta de Galicia co sector lacteo galego é o de mellorar a estructura territorial agraria de Galicia mediante unha nova lei, (a lei METAGA), que precisamente pretende correxir o erro histórico cometido na vixente lei do solo de non permitir os reparcelamentos a as actuacións integrais nos terreos delimitados como de nucleo rural.
Para contar con explotacions viables e competitivas e preciso que os agricultores e gandeiros galegos poidan acadar uns costes de producción máis baixos, por esto, entre outras medidas, e moi importante que as administracións non atranquen o seu desenvolvemento con lexislación diseñada de espaldas dos sectores productivos.
Demandamos da CMATI un dialogo constructivo para mellorar un borrador da nova lei do solo que de publicarse tal como o coñecemos sería nefasto para Galicia.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.