Os produtores de pataca da comarca de A Limia está a sufrir unha situación límite na viabilidade das súas explotacións. Os baixos prezos que está pagando os almacenistas, que apenas chegan a 5 céntimos por quilo, leva a poñer en risco de desaparición os 2.000 empregos que xera este sector. Xa que cada explotación ten uns custes de produción, sen contar salarios, que xiran arredor dos 12 céntimos por quilo de pataca sumando abonos, semente, rega, tratamentos, etc.
Nestes momentos a práctica totalidade da produción -135 millóns de quilos- se atopa sen contrato de compravenda, en contra do que dita a Lei da Cadea Alimentaria que impide a comercialización senón existe un acordo por escrito e que ademais sitúa o prazo de pagamento nun máximo de trinta días. A realidade dos pataqueiros da Limia e que se ven obrigados a vender sen coñecer o prezo e cun período de devolución do produto, se este bota a perder, de 60 días.
A este complexo marco súmaselle as fortes e reiteradas choivas en plena colleita de patacas na comarca da Limia está provocar que se atopen sen recoller máis do 30% da produción o que supón máis de 40 millóns de quilos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.