Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG considera inútil a multa ás lácteas se non se toman medidas políticas que acaben coa extorsión da industria e das distribuidoras

           

O SLG considera inútil a multa ás lácteas se non se toman medidas políticas que acaben coa extorsión da industria e das distribuidoras

06/03/2015

Os prezos miserentos en orixe fan que o negocio para as empresas siga a ser rendible a pesares das sancións, ao tempo que as granxas galegas perderon de ingresar 50 millóns de euros no último semestre de 2014 debido á caída de valor

O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe, 5 de marzo, unha rolda de prensa para valorar a multa de 88 millóns de euros imposta pola Comisión Nacional do Mercado e da Competencia (CNMC) a varias industrias lácteas. Esta multa confirma o que organizacións como o SLG levamos denunciando durante os últimos 15 anos: que no sector lácteo non existe libre mercado e que as relacións comerciais son unha pura imposición das distribuidoras e das industrias ás granxas a través de varias prácticas ilegais entre as que se atopan a venda a perdas das primeiras ou os pactos de prezos das segundas.

O primeiro en falar foi o coordinador dos Sectores Gandeiros no SLG, Xabier Gómez Santiso, quen asegurou que o importe da multa será finalmente pagado polas granxas galegas a quen as industrias están espremendo ao impoñerlles o prezo máis baixo da Unión Europea e do Estado e que, na actualidade, está por baixo dos 30 céntimos. Gómez Santiso explicou que unha simple baixada de 2 céntimos no prezo do leite en orixe suponlle ás explotacións lácteas galegas deixar de ingresar 45 millóns de euros nun ano. Máis alá diso, coa caída brutal sufrida no valor do leite ao longo de 2014, as granxas galegas deixaron de ingresar 50 millóns de euros só no último semestre dese ano se o comparamos co que ingresaron nos seis meses finais de 20131. Estes datos demostran que a multa vana pagar as granxas xa que, a pesares da sanción, o negocio das industrias non se veu afectado e, en calquera caso, ninguén vai devolver ás explotacións os millóns que deixaron de ingresar por esta imposición de prezos de miseria que levan aturando décadas.

Pola súa banda, Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva do SLG, chamou a atención sobre a absoluta pasividade das administracións responsables, en especial da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura. Para empezar, a multa ás industrias produciuse porque houbo unha denuncia previa; en caso contrario, non se tería producido a pesares de levarmos tantos anos criticando as prácticas extorsivas da industria. Cendán denunciou que Medio Rural leva de brazos cruzados no sector lácteo dende finais de 2012, cando se convocaron as últimas xuntanzas cos axentes do sector. O paquete lácteo do que tanto se fala non serve para solucionar o problema. “Non estamos en contra dos contratos”, explicou Cendán, “pero as prácticas abusivas das industrias fan que non resolvan nada, xa que son elas as que fixan o prezo e as condicións, e ao gandeiro ou á gandeira só lle queda asinar baixo a ameaza de que, se non o fai, ninguén lle vai vir recoller o leite, pois as industrias tamén pactan entre elas para repartirse granxas e zonas”. A Consellaría e o Ministerio coñecen este tipo de prácticas, pero non fan nada por evitalas, polo que o problema segue candente ao tempo que a administración está desaparecida.

Xosé Ramón Cendán fixo un chamamento directo aos presidentes Rajoy e Feijóo para que traballen a prol da agricultura e da gandería coa mesma intensidade coa que traballan para outros sectores como o naval ou automobilístico, pois a produción de alimentos é o primeiro sector produtivo en tódolos países da Unión Europea, ocupando ao redor do 15% do PIB e xerando o 14% do emprego se contamos os postos de traballo que hai dende a produción até os puntos de venda. Este peso na economía debería ser un factor máis que suficiente para que calquera goberno se preocupe por coidar ao sector primario e resolver os seus problemas. Ademais de lexislar para prohibir as prácticas abusivas denunciadas, Cendán tamén avogou por medidas en positivo como potenciar a produción de derivados lácteos con alto valor engadido nunha industria galega “que é das máis obsoletas da Unión Europea e que só se dedica a envasar leite en brick, co que a marxe xerada polos seus produtos é mínimo e maximízana impoñendo prezos de miseria en orixe”.

Por todo o devandito, Xosé Ramón Cendán esixiu “que se poñan as pilas e gobernen, e para iso teñen que facer políticas que solucionen estes problemas. E se non o fan, que dimitan en convoquen eleccións para que outro goberno tome ese tipo de decisións. Dende o SLG, imos chamar ás outras organizacións agrarias para adoptar unha postura común e dirixirnos en conxunto á Consellaría de Medio Rural para que convoque ao sector e comece a traballar na solución de toda esta problemática. En caso de que Medio Rural siga nesta actitude de absoluta pasividade, estaremos a favor de convocar mobilizacións conxuntas para que reaccione dunha vez por todas”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo