O secretario xeral de Unións Agrarias solicitoulle por carta unha reunión urxente de todo o sector lácteo a conselleira do Mar e Medio Rural, Rosa Quintana, para atallar as coaccións e abusos das industrias respectos dos gandeiros.Na comunicación informábase a titular da Consellería que pola información que está a chegar por parte dos produtores, son moitas as industrias que están estendendo unha “campaña do medo” no campo mediante a cal, se está obrigando a os gandeiros a asinar contratos en condicións de ruína coa ameaza de deixarlle sen recollida.
Para poder facer esta chantaxe as empresas ampáranse nunha lectura retorcida da nova norma que regula o Paquete Lácteo o que supón, ademais dunha condena para moitas explotacións, unha desautorización das actuacións políticas levadas a cabo polo Ministerio de Agricultura e a Xunta de Galicia. Moitos contratos de compravenda de leite entre gandeiros e industrias finalizan mañá, 31 de marzo. Dado que o decreto lácteo establece como obrigatoria a sinatura de contratos, a industria pretende anular a negociación para que nas explotacións se asinen nese mesmo momento, sen oferta previa, sen negociación e baixo unhas condicións totalmente abusivas.
Desde UUAA recálcase que os produtores galegos están dispostos a mirar cara o futuro con lealdade a reforma do Paquete Lácteo, pero sempre que esa vontade de respecto sexa extensivo a todos. Neste punto insístese na necesidade de convocar de maneira inmediata ao conxunto do sector para analizar esta situación e poñer fin a estas prácticas de todo punto inaceptables.
ULEGA e UUAA trasladáronlle a Medio Rural as dificultades de comezar a campaña láctea o vindeiro 1 de abril nas condicións de inseguridade administrativa na que se atopan os produtores. Logo do retraso provocado polo Ministerio de Agricultura na posta en marcha da reforma do Paquete Lácteo a día de hoxe non queda marxe de manobra para abrir unha negociación con garantías coas industrias por parte dos gandeiros para poder pechar acordos viables e estables para toda a campaña. Por todo iso reclámase un mes de moratoria para evitar os abusos das industrias.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.