O sindicato Unións Agrarias reclama a publicación por parte do Ministerio de Agricultura dos datos finais de explotacións que se verán afectadas pola supertaxa. Na actualidade moitos produtores lácteos de Galicia teñen retidas importantes cantidades de diñeiro por parte das industrias nas liquidacións do leite do mes de marzo, sen que tivesen incorrido en sobrepasamento na produción.
Unhas retencións que por outra parte supoñen un abuso porque se aplican sen que por parte do Ministerio se teña activado o Decreto que as ampara.
Neste sentido a organización agraria considera inxusto que os gandeiros teñan que manter activos custosos avais bancarios para cubrir os ingresos retidos e pagar os investimentos preventivos realizados en aluguer de cota ante a posible incidencia das sancións.
UUAA considera que se fixo unha xestión do fin das cotas un tanto improvisada no referido a elaboración de prognósticos de sobrepasamento da produción láctea -no que se chegou a falar 300.000 toneladas-, cando a Universidade de Santiago de Compostela nun informe que se fixo público no seu día xa avanzaba que a cifra final sería infinitamente menor.
O resultado final e que as oscilacións nas cifras e a cadea de ameazas de multas por supertaxa vertidas desde distintos ámbitos da Administración, correron paralelos ao inchado da burbulla especulativa da compra e alugueiro de dereitos de produción e foron causa de que moitos titulares e explotacións secaran vacas ou mandaranas ao matadoiro.
En definitiva serviron para que os gandeiros das pequenas explotacións pagaran xa supertaxa daqueles que grandes que nunca tiveron intención sacar o pe do acelerador da produción, para situarse nunha boa posición para entrar no mercado sen cotas en boa posición.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.