Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / SLG: A política leiteira suicida da Xunta aboca ao sector lácteo galego a ser o paria que forneza de leite en po a industria europea

           

SLG: A política leiteira suicida da Xunta aboca ao sector lácteo galego a ser o paria que forneza de leite en po a industria europea

18/05/2015

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, vén de participar esta semana nun encontro do Civil Dialogue Group on Milk (Grupo de Diálogo Civil do Sector Lácteo) en Bruxelas, foro promovido pola Comisión Europea ao que asistiu como representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

Neste Grupo de Diálogo, déronse numerosos datos e informes estatísticos que confirmaron que, co nivel de prezos actual, as granxas leiteiras da UE están a traballar a perdas ou, no mellor dos casos, sen marxe de beneficios. De feito, dos 28 países da UE, en 10 os prezos medios están por baixo dos 30 céntimos. Por outra banda, as alternativas que os gobernos ofrecen ao sector, como as Organizacións de Produtores Lácteos (OPLs), están a ser un fracaso en toda Europa á hora de negociar os prezos. Un bo exemplo disto último é Bélxica, onde o meirande das granxas do sector están asociadas en cooperativas, feito que non reforzou a súa posición negociadora, pois neste país están a pagarlle o leite a moitas explotacións a un prezo de 25 céntimos.

Nos estudos a medio prazo, no Civil Dialogue Group on Milk presentouse unha gráfica na que se reflectía que vai haber máis posibilidade de incremento de produción leiteira en certas zonas -especialmente Francia, Alemaña e Holanda-, ao tempo que se prevé a caída ou a desaparición do sector lácteo en diversas áreas e rexións dos países da Unión Europea, entre os que se inclúe o Estado Español. É dicir, dende os poderes políticos da UE se está a traballar non para manter a viabilidade das granxas que aínda continúan activas, senón para que desaparezan aínda máis, deixando amplas áreas sen capacidade para producir leite, e concentrando a produción no resto, de maneira que o incremento produtivo previsto nunhas determinadas explotacións e zonas -estímase que será de 12 millóns de toneladas en 10 anos- só vai ser posible co peche de granxas e a erradicación do sector noutras áreas.

Para a secretaria xeral do SLG “é un auténtico escándalo que se estea a traballar nunha política que se basea na desaparición de miles de explotacións para sobredimensionar e concentrar a produción nas restantes. O máis triste é que os nosos dirixentes, nomeadamente dende o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Medio Rural, estean enganando ao sector ao defender as bondades da desrregulación e da eliminación de calquera control sobre a produción e os mercados, ou cando gaban a fin do sistema de cotas e nos queren facer crer que é unha oportunidade, sabendo que, en realidade, é o certificado de peche de miles de explotacións na Galiza e en toda Europa”.

Outro dos datos preocupantes que saíron no Civil Dialogue Group on Milk foi o problema inmediato que temos para dar saída a determinados produtos leiteiros a través do mercado internacional. En concreto, o segundo maior stock de leite en po nos 28 países da Unión Europea teno o Estado Español (6.193 toneladas), só superado por Alemaña (11.805 toneladas). Nestas circunstancias, resulta incomprensible que se vaian investir grandes cantidades de cartos públicos en financiar empresas para que constrúan novas torres de leite en po na Galiza. É un absurdo, pois orientar a nosa produción cara ao leite en po é facelo cara a un subproduto co que non se cobren os custes de produción; facelo, por riba, cando o mercado do leite en po está saturado, é demencial. O normal sería orientar ese financiamento ao impulso de iniciativas que xeren valor engadido no sector, como a fabricación de derivados lácteos. Pero vista a capacidade analítica e de resolución de problemas no sector lácteo da que están a facer gala, tanto o Ministerio de Agricultura como a Consellaría de Medio Rural, non se pode agardar máis. Nun país como Galiza que os distintos gobernos converteron nun eucaliptal, a expensas da base territorial das explotacións agrogandeiras, para producir pasta celulosa de cara a fornecer industrias de países nórdicos onde fabrican papel e derivados que despois nos venden; a Xunta de Feijóo leva ao sector lácteo galego cara a un horizonte semellante, ao promover o procesado de leite en po na nosa obsoleta industria, deixando para empresas de fóra a fabricación dos produtos lácteos que xeran máis riqueza e valor engadido.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo