Dúas cooperativas galegas veñen de poñer en coñecemento da Asociación o “atropelo” que Logística Alimentaria pretende exercer sobre os gandeiros aos que lles viña comprando o leite, sen ter contrato, ofrecéndolles unha liquidación do leite a 17 céntimos, en caso de non asinar un contrato que simule a existencia deste nos meses previos.
Dado que as cooperativas, a día de hoxe, non aceptaron firmar o contrato proposto, aínda non cobraron nada polo leite entregado en abril. A entidade ameázaos con non pagar nada se non aceptan.
Ademais da irregularidade manifesta pretendendo asinar un contrato falso, este desafío non respecta, en absoluto, os hábitos e costumes no pago do leite mercado ás cooperativas pois, tradicionalmente, de non existir negociación previa, enténdese que, como mínimo, se paga o mesmo prezo que no mes anterior e nunha data próxima ao 20 do mes seguinte.
Nestes intres algunha das cooperativas xa está recollendo toda a información para denunciar o caso ante as autoridades competentes.
Actos coma este non poden quedar impunes. Dende AGACA agardamos unha solución inmediata.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.