O sindicato Unións Agrarias esixe unha solución inmediata para os 170 gandeiros que se viron afectados polo concurso de acreedores da empresa Lácteos Pérez ubicada en Santa Comba. Nos encontros que están a manter os responsables da organización agraria cos titulares das explotacións que sufriron os impagos da empresa, que neste intre acadan xa os 10 millóns de euros, estáse a recoller toda a información e documentación necesaria para iniciar por vía xudicial a recuperación dos pagos pendentes.
Unións Agrarias mantén unha liña de traballo aberta cos gandeiros afectados das comarcas de Barcala, Xallas, Vimianzo e Muxía para procurar a maneira mais operativa de cara a liquidar as cantidades que lles adebedan.
UUAA estalle a trasladar aos afectados a posibilidade de esixir á Administración galega responsabilidades neste asunto xa que desde as consellerías de Medio Rural e Economía xa se sabía como estaban as contas de Lácteos Pérez desde marzo e sen embargo deulle cobertura legal e apariencia de estar saneada, ao non impedir o proxecto de fusión que están levando a cabo Icos, Lasurgal e XesGalicia e do que caeu Lácteos Pérez por outras irregularidades que se atoparon. Do mesmo xeito, sabía que a empresa non estaba pagando aos 30 días como obriga a lei e non fixo nada.
Finalmente para Unións Agrarias esta situación de impunidade na que viven algunhas empresas ante as débedas cos gandeiros debe mover as distintas administracións a modificar o marco legal, tal como ten denunciado reiteradamente o sindicato, para que non sexan sempre os gandeiros os “paganos” dos erros de cálculo das empresas e a falta vontade política de Xunta e Ministerio.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.