Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / UUAA leva a Lactalis á Xustiza por apropiación indebida

           

UUAA leva a Lactalis á Xustiza por apropiación indebida

16/01/2017

O sindicato Unións Agrarias logrou que a Lactalis teña que acudir hoxe a las 13.00 horas ao xulgado de Vilalba para aclarar o destino dos case 2,5 millóns de euros que a firma francesa tiña que entregar ao longo do ano 2016 aos seus gandeiros provedores, e non o fixo. Unha cantidade que non deixa de medrar desde 2014 polo incumprimento reiterado de Lactalis do acordo coas cadeas de distribución para que lle trasladaran 2 céntimos máis ás industrias polo leite de marca branca, co encargo de que ese diñeiro fora a parar ás granxas provedoras de cada industria.

A vista asistirá en calidade de imputado o apoderado e responsable de compras de Lactalis José Enrique García ao que o equipo xurídico de UUAA lle lembrará que a empresa a que representa asinou o acordo lácteo de setembro de 2014 polo que, entre outras cuestións, se comprometía a “compartir cos gandeiros a revalorización que as industrias obteñan sobre os prezos de cesión”. Un compromiso que tamén validarán nos termos sinalados os responsables de compras de grandes empresas de distribución Día ou Carrefour, que acudirán como testemuñas.

A retención ilegal de rendas que está a practicar Lactalis non tería lugar se a Xunta de Galicia e o Ministerio fiscalizasen estas actitudes corsarias que a empresa da familia Besnier desenvolve en España e non en Francia onde actúa de modo leal cos gandeiros. Neste sentido, Unións Agrarias lembra que se mañá Lactalis declara ante o xuíz será polas demandas que sindicato presentou e non porque desde as administracións se iniciasen accións de oficio.

Unha situación similar a que se da co modelo de contrato que Lactalis está a trasladar ás explotacións e no que se propón subas de 1 céntimo ata o mes de maio para despois volver ao sistema de “autoindexación” que xa foi posto no seu día en mans da fiscalía do xulgado de Mondoñedo por parte de UUAA, dado a súa flagrante ilegalidade e ante a Axencia de información e control alimentarios, (AICA).

A organización agraria cualifica, ademais de miserable a suba proposta por parte de Lactalis de 1 céntimo co sitúa o prezo base a recibir polos produtores en 28 céntimos, nun momento no que o mercado internacional de leite está en clara recuperación de prezos. O prezo proposto por Lactalis supón condenar ao peche a totalidade das explotacións as que lles recolle o leite xa que os custos de produción para non vender a perdas fixados polo Ministerio de Agricultura son de entre 33 e 34 céntimos, aínda que se considera que deben ser de máis de 36 céntimos para chegar ao salario mínimo interprofesional.

UUAA agarda que tanto o Ministerio de Agricultura como a Consellería do Medio Rural tomen nota desta realidade e que habiliten solucións antes de que situación xa sexa irrecuperable, do contrario serán cómplices da ruína de moitas familias gandeiras. Fuente:UUAA

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025
  • León: subida de 3 céntimos en el litro de leche mientras las ganaderías siguen en retroceso 10/07/2025
  • El mercado lácteo global se enfría: Rabobank anticipa moderación de precios y aumento de riesgos 07/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo