O sindicato Unións Agrarias (UU. AA.) acude a reunión de traballo sobre a crise do sector pataqueiro, prevista para hoxe as 9.00 h na Dirección xeral Ganadería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, coa demanda de que se poña en marcha de xeito inmediato un plan transversal de loita contra couza guatemalteca que conteña unha liña de axudas urxentes para o sector que se vai ver afectado por perdas por lucro cesante e patrimoniais derivadas da citada praga.
No encontro ao foron citados alcaldes da comarca da Limia, representantes do almacenistas e máis Unións Agrarias, debe de supoñer o primeiro paso para crear unha mesa de sectorial desde a que se aborde de xeito integral e consensuado co tódolos activos do sector da pataca, medidas concretas que camiñen cara a resolución da actual problemática.
A organización agraria lembra que Galicia se está xogando un volume de produción de preto de 200 millóns de quilos de pataca en toda a Comunidade, polo que pide proporcionalidade e acerto das medidas que se apliquen para combater este problema. Posto que tan malo resulta non cortar o problema, como xerar unha sensación de alarma que leve aos consumidores cara producións pataqueiras como a francesa tal como xa está ofertando algunha grande superficie de capital galego.
Desde o sindicato solicitase a realización inmediata dun censo de parcelas con afectación presente, que inclúa as terras previstas en futuras cuarentenas fitosanitarias. Fuente: UUAA
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.