Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / O SLG convocará mobilizacións a semana que vén diante do flagrante abandono de funcións da Xunta na crise do sector lácteo

           

O SLG convocará mobilizacións a semana que vén diante do flagrante abandono de funcións da Xunta na crise do sector lácteo

30/06/2015

Onte, Leite Río anunciaba sen previo aviso a 22 granxas que lles deixaba de recoller o leite por non cumprir o nivel de graxa esixido; moitas explotacións afectadas ás que lle recollen a produción cada dous días, probablemente non o saiban aínda. Hoxe mesmo, mentres a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, ofrecía unha rolda de prensa para valorar este problema, notificábanlle que a empresa Leitigal vén de anunciarlle a varias das súas granxas que deixará de recollerlles o leite o 1 de xullo.

Máis alá destes graves sucesos, dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos unha crise global que vive o sector lácteo galego e que ameaza coa súa desaparición, tal e como demostra o feito de que, actualmente, noutras comunidades do Estado, como Andalucía, se lles estea pedindo ás granxas que aumenten a produción, e se lles estea a pagar o leite a prezos entre 34 e 36 céntimos, moi lonxe dos 26-28 céntimos que se están a cobrar de media na Galiza, e a anos luz dese milleiro de explotacións galegas que están a cobrar menos de 18 céntimos por litro. Ademais, o mandato das industrias na Galiza está a ser o de non producir máis que na campaña pasada, ou mesmo producir menos, cando non que che deixen de recoller o leite directamente, como xa pasou coas explotacións que lle vendían a Pascual, e como acontece agora con Río e Leitigal.

Para a secretaria xeral do SLG “estamos a vivir o desmantelamento do sector lácteo galego e a deslocalización da produción leiteira do noso país cara a outras zonas do Estado onde está o groso do consumo, como a franxa mediterránea”. E o peor de todo non é a crise de fondo en si, senón a sensación de absoluta indefensión e orfandade que sofren as nosas explotacións.

Indefensión porque non existen mecanismos -nin nas leis nin nos contratos- que permitan aos gandeiros e gandeiras afectados polas prácticas abusivas da industria poder reclamar. No meirande dos contratos, o ente mediador que figura nas cláusulas é a cámara de comercio provincial. Se un gandeiro da Terra Chá ao que Río lle deixou de recoller o leite coa escusa peregrina do nivel de materia graxa denunciase, tería que acudir á Cámara de Comercio de Lugo -actualmente en concurso de acredores-, pagar unhas taxas mínimas de 800 euros, aprovisionar fondos por un montante de 3.500 euros e meterse nun litixio que pode durar anos. A outra opción sería denunciar diante da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), pero deste xeito, no mellor dos casos, a industria sería sancionada, a granxa non recuperaría os cartos perdidos e, ao final, a empresa acabaría repercutindo a multa nas propias explotacións reducíndolles os prezos para cadrar as súas marxes de beneficio.

Orfandade porque o abandono de funcións da Xunta e da Consellaría de Medio Rural nesta crise e nos problemas do día a día do leite galego é flagrante. Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva do SLG que tamén interveu na rolda de prensa e que vén participando nos foros de negociación do sector lácteo dende comezos dos anos oitenta, afirmou que “nunca houbo un Goberno Galego -nin con Albor, nin con Laxe, nin con Fraga, nin con Touriño- que tivese tal falta de liderado no sector lácteo como o de Feijóo. Cos anteriores gobernos, nunha situación de crise como a actual, tiñamos reunións semanais nas que estaban presentes tódolos axentes do sector, xuntabámonos as veces que fixera falta e, aínda que non sempre chegabamos a acordos, normalmente reconduciamos moitas situacións de crise. Mais agora, e tras meses de insistencia, o único que conseguimos de Medio Rural foi unha xuntanza de terceiro nivel na que nin sequera estiveron as industrias. Nunha crise como a actual, se o Goberno Galego non fai nada, non sei para que os temos gobernando, porque non nos fan falta.”

Diante desta crise insostible, do manifesto afundimento do sector lácteo galego, e do absoluto desamparo e orfandade das nosas granxas, dende o Sindicato Labrego Galego manteremos nos vindeiros días contactos a tódolos niveis para organizar mobilizacións unitarias de cara a sacar á Xunta da súa parálise e para denunciar o desmantelamento do principal sector agrogandeiro da Galiza e un dos principais motores económicos e de estruturación social do país. “É necesario e imprescindible iniciar mobilizacións diante desta situación de emerxencia”, explicou Cendán; ao que engadiu Isabel Vilalba que “non queremos ningún tipo de protagonismo das nosas siglas nin das siglas de ningunha outra organización. Cremos que sería un erro pretender sacar tallada mediática diante deste problema global, pero tamén cremos que debemos loitar. Por iso, a semana que vén convocaremos mobilizacións en unidade coas cooperativas e as outras organizacións agrarias ou, en caso de que iso non sexa posible, farémolo en solitario”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo