Representantes de la OPL manterán unha reunión con Dna. Rosa Quintana , Conselleira de Medio Rural e Mar, o vindeiro mércores 1 de xullo, na que lle expoñerán a problemática actual do sector, para que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo tome as medidas oportunas que impidan que un sector estratéxico como o lácteo en Galicia toque fondo coas graves repercusións económicas e sociais que esto implicaría.
1.- Garantia de recollidas
Nestes momentos hai varias industrias que están deixando de recoller leite, concretamente en Curtis, Terra chá e ameazando noutros lugares, mentras estase a fomentar a deslocalización da produción para achegala os lugares como Francia ou Portugal.
A industria está a utilizar disculpas tan peregrinas como a falta de calidade para deixar de recoller, cando o auténtico motivo é a sua falta de preparación para asumir novos retos dos mercados, afrontando a nova situación de ausencia de cuotas únicamente cunha baza: a do leite brik como único produto de consumo.
A situación actual é unha situación de rotura de mercado, cunha grave indefensión, maior do habitual, na parte mais débil da cadea: o produtor.
2.- Rotura do mercado
A OPL recalcará a inutilidade do Paquete Lácteo, que se converteu nun instrumento ao servizo da industria, xeralmente utilizando prácticas abusivas ilegais contra a libre competencia como acaba de sentenciar a Comisión da Competencia nunha dura resolución contra a grande industria láctea, para impoñer prezos e condicións aos produtores mentres o gandeiro nada pode facer ante a ameaza de asinar o contrato ou ben quedar co leite na casa.
Noutras ocasións ameazan directamente os propietarios das granxas, a asinar a renuncia ao contrato no mesmo acto coa aparente conivencia dunha administración apática que debería supervisar eses contratos.
Unha prática habitual é pagar o 80% da recollida da campaña pasada a un prezo e o resto sen prezo.
Nunha reunión co MAGRAMA, representantes do Ministerio recoñeceron que en España había “un problema de márgenes”, pero ahora o problema é que non hai marxen para cubrir os costes de produción
A industria está a deixar sen recoller leite nas gandarías nacionais para traela dende segundos ou terceiros países, a prezos de «dúmping», sen que a administración tome medidas ao respecto a pesar de ser coñecedora destas prácticas.
Déixase así aos gandeiros a mercede dos chamados primeiros compradores, que non son máis que «industrias voitre» que se están a aproveitar da situación e se levan o leite das granxas a prezos irrisorios para despois especular co produto, todo iso coa conivencia aparente da industria e os máximos responsables da administración.
Pedímoslle o Presidente da Xunta que comece as actuacións:
Os produtores lácteos denunciaron o uso do leite como produto reclamo e a venda a perdas na distribución.
Levamos medio ano presentando denuncias documentadas ante a ASEDAS (Asociación Española de Distribuidores, Autoservicios y Supermercados)e na AICA, Axencia de información e control alimentario, axencia adscrita o MAGRAMA sen que se visen os resultados destas denuncias, é dicir, as sancións exemplificantes e o control estrito destas actuacións que debería estar a realizar a administración.
A OPL xa propuxo a creación dun mediador vinculado á administración, e a elaboración duns índices de referencia para o prezo do leite nos que se reflictan os custos de produción e por debaixo dos cales non sexa posible fixar o prezo do leite por ningunha das partes implicadas.
Ante estas situacións, non queda mais remedio que seguir coas movilizacions iniciadas o seis de abril coa concentración de gandeiros ante a Conselleria do Medio Rural e Mar.
Continuaremos cunha tratorada para o vindeiro 1 de setembro e se non hai modificación de actitude por parte de administracions, industria e distribución os vindeiros tempos serán de loita e movilizacións.
O sector produtor non pode permanecer impasible ante a sua desmantelación.
3.-Deslocalización
A administración galega debe tomar medidas para frear o intento da industria de deslocalizar a producción cara lugares como Francia ou Portugal.
España produce o 60% do que consume e debe ser capaz de chegar a cubrir esa demanda. Galicia con un gran esforzo conseguiu ser a comunidade punteira na producción de leite, sendo un sector moi dinámico, que factura mes a mes cantidades importantes que flúen cara a outros sectores como a construción, veterinaria, fábricas de pensos e de maquinaria, talleres, laboratorios, etc…fortalecendo o mantemento e incremento de emprego nas zonas rurais onde se asentan as granxas.
Co esforzo que lle costou a Galicia chegar a ser a Comunidade punteira na produción de leite, ou sr. Presidente da Xunta deberá tomar medidas para frear esta deslocalización e impedir que os gandeiros galegos deixen de ser ou que son nestes momentos, produtores sen complexos a nivel europeo.
A Opl tamén solicitará á Conselleira que revise a deficiente xestión na solicitude desta campaña da pac, con problemas de todo tipo mesmo informáticos, que fixo que as declaración fosen feitas de maneira deficiente.
Solicitamos á Conselleira que tome medidas para que estos problemas alleos os produtores non supoñan unha merma mais de ingresos pros galegos.
SOBRE OPL-ORGANIZACIÓN DE PRODUTORES DE LEITE
A Organización de Produtores de Leite (OPL) é unha asociación profesional de gandeiros, integrada exclusivamente por produtores de leite de vaca, representando un 9% da produción nacional, tendo como obxectivo a defensa dos intereses do sector.
OPL é unha asociación democrática, apolítica e autofinanciada, de ámbito estatal e con proxección europea, que defende a mellora económica e social de todos os produtores de leite.
OPL representa a España dentro da European Milk Board, organización formada por máis de 100.000 produtores de leite da Unión Europea (UE), avogando por un diálogo real entre os distintos axentes do sector para mellorar a situación deste, incidindo na profesionalidade dos gandeiros e na calidade do leite, traballando en prol de favorecer a competitividade e viabilidade das explotacións de leite españolas, co obxecto de asegurar o futuro dos produtores nacionais
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.