Os productores de leite galegos, están a sufrir un verdadeiro pesadelo, que dificulta seriamente a viabilidade das súas explotacións. Por un lado os baixos prezos que reinan neste sector nos últimos tempos, chegando nalgúns casos a baixar dos 20 centimos de euro, e por outra banda toda unha serie de prácticas protagonizadas polas industrias que poñen en risco o futuro das explotacións leiteiras galegas.
Nos últimos dias estamos a observar como algún primeiro comprador está a anunciar que vai deixar de recoller importantes cantidades de leite na comarca Deza-Tabeirós, quedando os clientes desta industria nunha situación de indefensión total, sen saber moi ben a quen lle van entregar o leite a partir do dia 1 de Xullo, ou no peor dos casos se van conseguir que haxa algunha industria que se faga cargo deste leite. Non sabemos moi cales son as causas desta maniobra, pero dende logo o que está claro e que por parte da administración competente, neste caso a Consellería do Medio Rural, estase a mirar para outro lado sen saber realmente o que vai pasar a partir do 1 de Xullo con este leite. Situación esta que sempre pode ser aproveitada polo sector industrial, para aplicar novas baixadas, cando realmente con estes prezos a dia de hoxe a situación é insostibel.
Igualmente estamos a observar como a industria CAPSA(Corporación Alimentaria Peñasanta), está a comunicarlles os gandeiros que sobrepasan a producción de leite asignada nos contratos(incluido o marxe do 5% de admisibilidade), que poden ter consecuencias negativas, chegando a deixar de recorlle ese leite unha vez sobrepasado o volumen pactado no contrato . Dende FRUGA, non sabemos moi ben cal é a causa desta medida, xa que non hai razóns para presionar os productores de leite galegos, como consecuencia de sobrepasar unha cuota imposta de forma unilateral pola propia industria.
A Federación Rural Galega, manifestou en numerosas ocasións como a lei da selva está a reinar no séctor lácteo galego, vendo como os abusos por parte da industria son constantes no dia a dia, e ante esta situación observamos como as administracións competentes nen tan sequera son capaces de convocar os órganos interprofesionales que teñen a man. A deixadez de funcións por parte da administración está a favorecer de xeito claro as industrias, as cales están a comprar en Galiza o leite mais barato de todo o estado, e de toda europa a conta de afogar económicamente os gandeiros de leite galegos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.