• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A secretaria xeral do SLG denuncia en Bruxelas o fracaso das medidas do paquete lácteo

Leche 28 Ene 2015 0

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi invitada pola Comisión Europea como experta a comparecer na audición pública “O paquete lácteo e as perspectivas do sector leiteiro”, que se celebrou hoxe, 27 de xaneiro, en Bruxelas. Esta audición estivo organizada pola Comisión de Agricultura e Pesca do Parlamento Europeo, e Isabel Vilalba foi invitada polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL), en cuxas filas está a eurodeputada galega, Lidia Senra. Neste senso, cómpre lembrar que Isabel Vilalba, ademais de rexentar xunto ao seu cónxuxe unha explotación leiteira en Lourenzá (Lugo) é a representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina no Foro Civil Europeo do Leite (European Civil Dialogue Group on Milk) e no Observatorio Europeo do Mercado do Leite (European Milk Market Observatory).

O paquete lácteo sobre o que disertou Isabel Vilalba foi aprobado polo Parlamento Europeo hai case tres anos, en febreiro de 2012, para evitar crises no sector leiteiro comunitario como a acontecida no ano 2009. Os seus obxectivos foron reforzar a posición de produtores e produtoras na cadea comercial para mellorar as súas rendas; e rematar coa posición de dominio e abuso das grandes distribuídoras comerciais e das industrias, que impoñen prezos ruinosos ás explotacións.

Isabel Vilalba denunciou que, a día de hoxe, o paquete lácteo resultou totalmente ineficaz para cumprir eses obxectivos. Dende comezos de 2014, o prezo do leite non parou de baixar, caendo unha media do 16% no conxunto da Unión Europea. Na Galiza, o meirande das explotacións están a cobrar por baixo dos 30 céntimos o litro, o que fai que moitas, agora mesmo, non dean cuberto os custes de produción da actividade, situación que se agravará coa fin do sistema de cotas a partir de abril.

En canto a reforzar o papel negociador de produtores e produtoras, o paquete lácteo tampouco funcionou. Segundo un informe da propia Comisión Europea, só chegou a haber negociacións polo prezo do leite en 4 países, entre eles o Estado Español. No que se refire a este último caso, Isabel Vilalba explicou que non serviron para nada as 7 organizacións de produtores/as (OPL) que se crearon (6 de vacún e 1 de ovino) pois, tanto na Galiza como no conxunto do Estado, os prezos foron impostos unilateralmente pola industria.

A outra ferramenta proposta polo paquete lácteo para dar estabilidade aos prezos era a dos contratos. Neste particular, Isabel Vilalba denunciou a picaresca das industrias, que formalizan contratos por períodos ínfimos dun mes ou os asinan despois de que o leite sexa vendido e entregado, por poñer só dous exemplos; e o feito de que son esas mesmas industrais as que impoñen as condicións contractuais que queren. Así, “o contrato, sen uns prezos mínimos de referencia, estase a converter nunha ferramenta de extorsión máis en mans das industrias”.

Tampouco serviu o paquete lácteo para equilibrar a oferta e a demanda, como demostra o incremento da produción que se produciu en toda a UE ao longo de 2014 sen que houbese un aumento da demanda que o xustificase.

Con todos estes vimbios, Isabel Vilalba demostrou nesta audiencia pública o fracaso absoluto dun paquete lácteo que “supón a privatización da política leiteira da Unión Europea, ao ficar libre a industria para impoñer as regras comerciais que máis lle conveñan”. Diante disto, Isabel Vilalba, como representante do Sindicato Labrego Galego e da Coordinadora Europea da Vía Campesina, defendeu “unha política leiteira pública que xestione e regule a oferta de leite e garanta uns prezos que nunca baixen do limiar dos custes de produción e xeren rendas dignas para os e as profesionais do sector leiteiro; ademais de garantir a permanencia da produción en todo o territorio europeo, evitando a súa concentración nuns poucos países e explotacións industriais, como xeito de manter postos de traballo e poboación nun medio rural vivo”.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026
Leche3 Jul 2026

Rabobank anticipa un frenazo en la producción láctea mundial en 2026

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar