Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / UUAA confía nun acordo político que viabilice o sector lácteo

           

UUAA confía nun acordo político que viabilice o sector lácteo

23/01/2015

Unións Agrarias vai a impulsar unha nova rolda de reunións cos diversos grupos políticos do Parlamento de Galicia para tratar de acadar un compromiso conxunto de defensa do sector lácteo galego nun intre no que está sobre da mesa a viabilidade futura do mesmo. Logo de facerse público por un medio de comunicación a redacción da modificación que o Ministerio de Agricultura pretende aplicar ao Paquete Lácteo, faise mais urxente que nunca unha postura a nivel de Galicia, que fixe tres elementos básicos que deben estar presentes no novo decreto.

Non cabe posibilidade de negociación co articulado que se deu a coñecer, xa que a parte dominante, industria e distribución, carece de contrapesos normativos que equilibre as forzas a hora de trabar un acordo equilibrado. Do mesmo xeito, e tal como se viña temendo desde UUAA, a figura do mediador sigue tendo un carácter voluntario polo que ningún firma compradora por lóxica se vai a sumar. Unha terceira ameaza se agocha detrás do decreto, e que non se pecha a posibilidade de asinar contratos de menos dun ano coas industrias. Isto vai abrir someter a todo o sector primario a unha continua perda de renda polas tensións baixistas que os especuladores van a introducir no mercado do leite sen ningún reparo.

Para a organización agraria aínda queda tempo para frear esta emenda a totalidade ao futuro das explotacións de gando de leite galegas, polo que insiste na necesidade de afrontar en común e co liderado do presidente da Xunta, unha saída razoada e razoable a esta “tormenta perfecta”. De non ser así, Galicia vai a resultar a grande prexudicada xa que é o principal foco de produción e polo tanto o primeiro obxectivo dos especuladores. Ademais a entrada no mercado libre a partir de día 1 de abril, de non estar dispoñible unha normativa escrita desde o sentido común, vai a entregar ás industrias unha baza máis para facer teaza sobre os produtores, como é a incerteza que se abre sobre a garantía de recollida e a consolidación de volumes na venta do leite. O sindicato pide que se dea validez a primeira redacción do borrador do decreto no tocante a renuncia a un ano de contrato por parte dos gandeiros se daban circunstancias “excepcionais” por entender esta eventualidade xa non queda recollida na segunda proposta.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo