O sindicato Unións Agrarias esixe a devolución do céntimo sanitario cobrado ilegalmente desde 2002 nos carburantes que foron servidos agricultores e gandeiros.
Despois do fallo do 13 de febreiro do Tribunal Xustiza da Unión Europea que considera ilegal este imposto, o Ministerio de Facenda debería reingresar de xeito inmediato aos 17.000 gandeiros e agricultores os cobros indebidos xa que posúe toda a documentación que o acredita a través da solicitudes na devolución do imposto de hidrocarburos.
Unha acción que non admite ningún retraso nin dilación unha vez coñecidos os mecanismos de devolución inmediata contidos no acordo asinado o pasado 13 de novembro pola Secretaria Xeral de Facenda e a asociación sectorial de transportistas CNTC.
Do mesmo xeito, esíxese que a devolución se faga conforme a que se desprende do Plan Xeral de Contabilidade: o ingreso debe imputarse ao exercicio en que recoñece o dereito de devolución. Tamén se pide que se manteña o período de 4 anos hábiles para solicitar a devolución, sen considerar a data da solicitude.
A estes 17.000 produtores, cun consumo de 57 millóns de litros anuais, corresponderíalles unha devolución total de 1,4 millóns de euros dende o ano 2009 ata o 2012. É dicir que, de media, Facenda tería que reingresalos a cada un algo máis de 82 euros, unha cantidade per cápita nada desmesurada.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.