Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Agricultura / Insumos agrícolas / O SLG reforzará a Rede Galega de Sementes grazas a un intercambio con organizacións agrarias europeas

           

O SLG reforzará a Rede Galega de Sementes grazas a un intercambio con organizacións agrarias europeas

31/10/2013

O Sindicato Labrego Galego vén de participar no primeiro Seminario Europeo sobre Sementes, organizado pola Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) e a Federación Natureza e Progreso en Gaillac (Francia). Representaron ao SLG a vicerresponsable da Dirección da Horta, Belén Fervenza, e a técnica Conchi Mogo. Ambas participaron, durante tres días, nesta experiencia formativa na que os labregos e as labregas participantes intercambiaron coñecementos prácticos relativos á reprodución, selección e conservación das sementes. Tamén se levaron a cabo unha visita a unha granxa, unha conferencia pública e unha bolsa de intercambio de sementes labregas.

Para Belén Fervenza, esta foi “unha experiencia moi positiva que nos serviu para dar a coñecer a Rede Galega de Sementes1, que lles pareceu moi interesante ás persoas que participaron no seminario”. Unha das cuestións que máis chamou a atención ao respecto é o feito de que sexan, na maior parte dos casos, as mulleres labregas as encargadas de recoller e conservar as sementes e as responsables directas de que, hoxe en día, poidamos seguir utilizando as variedades tradicionais. Trátase dun labor fundamental para a produción de alimentos e para a soberanía alimentaria dos pobos, e dende as diversas organizacións que integran a ECVC comprometéronse a darlle valor a esta tarefa.

Esta experiencia ao redor das sementes realizouse nun contexto no que a Comisión Europea ten en marcha unha reforma sobre a comercialización e reprodución de sementes, que se votará no Parlamento Europeo en xaneiro de 2014. Sobre isto, Belén Fervenza aclarou que o regulamento comunitario que se está a debater respecta dereitos básicos dos labregos e das labregas como poder conservar, reproducir, intercambiar e comercializar as propias sementes. Mais “entraña tamén perigos, como deixar desprotexidas as sementes heteroxéneas -aquelas que non están rexistradas oficialmente como variedades tradicionais ou comerciais- que as grandes empresas poderían patentar”. Outro dos perigos do novo regulamento é que ás pequenas explotacións se lles impoñan, para traballar con sementes, as mesmas normativas fitosanitarias que ás grandes empresas, cousa que sería case imposible de cumprir pola maioría. En resposta a estas ameazas, a ECVC está a organizar unha manifestación en Bruxelas para defender as sementes como un patrimonio da humanidade que debería ser inviolable e non propiedade dunhas poucas empresas.

O Seminario Europeo de Sementes tamén serviu para aprender de experiencias doutras organizacións agrarias en Europa. Neste senso, Belén Fervenza destacou todo o traballo desenvolvido en Francia, onde a normativa estatal de sementes é moito máis restritiva que na Galiza. No país veciño, a nivel local se organizan as coñecidas como Casas de Sementes Labregas2 (Maisons des Semences Paysannes), que son un espazo -non necesariamente físico- no que se organiza a defensa das sementes labregas en todas as súas facetas: clasificación, coñecemento técnico, formación, recompilación de datos, difusión de variedades, etc. Despois, todas esas casas organízanse na Réseau Semences Paysannes3 (Rede de Sementes Labregas). Para Belén Fervenza, “é un xeito de organización do que podemos aprender moito na Galiza de cara a conservar as nosas sementes tradicionais e protexelas da cobiza das grandes industrias do sector”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • Murcia firma un nuevo convenio colectivo del tomate hasta 2027 12/09/2025
  • Los bioestimulantes vegetales ayudan a los cultivos a superar el estrés abiótico 09/09/2025
  • Trichodex protagoniza Eurosoil 2025 en Sevilla como patrocinador Gold 09/09/2025
  • Fertiberia celebra 30 años como patrocinador de La Vuelta 02/09/2025
  • Valtra y Ponsse organizan la cumbre de Paraguay y Finlandia 2025 02/09/2025
  • Se reduce la comercialización de fitosanitarios en España en 2023 en un 6% 24/07/2025
  • Fertiberia obtiene la patente europea del primer bio-inhibidor natural del nitrógeno 24/07/2025
  • Los bioestimulantes vegetales ayudan a los cultivos a superar el estrés abiótico 23/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo