A asociación profesional agraria Xóvenes Agricultores vai plantexar ao titular do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, a necesidade dunha moratoria na posta en marcha das medidas previstas sobre obligatoriedade dos contratos no decreto lácteo que o Ejecutivo estatal ten previsto aprobar en breve. Trátase, segundo explicou hoxe o secretario xeral de XX.AA., Francisco Bello, “de dar tempo para a constitución e funcionamento das organizacións de produtores e que se poida negociar o prezo do leite coas industrias”.
“Contratos si, pero non así”, explicou Bello, quen engadiu que “non pode ser que se estableza o contrato obligatorio para vender o leite, pero que ao gandeiro non se lle dea a posibilidade de negociar o prezo”. Para Bello, “o paquete lácteo que vai contemplar o decreto do Goberno ten que ser eso, un paquete que inclúa os intereses de todas as partes”. XX. AA. plantexará que esta moratoria se extenda ata o inicio do vindeiro ano ou ata o comezo da próxima campaña (1 de abril de 2013).
Xóvenes Agricultores considera que de poñerse en funcionamento a obligatoriedade dos contratos, sen que na práctica estean operativos nen as organizacións de produtores nen os mediadores, os gandeiros “volverán a ser reféns das industrias, que fixarán os prezos ao seu arbitrio sen capacidade negociadora para os produtores”, comentou Bello.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.