Socios e traballadores das cooperativas locais participarán activamente na protesta polas rúas de Lalín en defensa do sector leiteiro galego e dos gandeiros, gravemente afectados pola crise láctea.
No transcurso da protesta, Indega, cooperativa local, e unha das dez cooperativas que integran a firma Alimentos Lácteos, constituída por nove cooperativas máis, obsequiará aos manifestantes con 600 litros de leite. Por outra banda, a Agrupación de Cooperativas Lácteas, da que forma parte a cooperativa lalinense de segundo grao Xuncoga, fará o propio regalando 4.500 iogures.
As cooperativas galegas queren ter así un xesto de agradecemento cos cidadáns polo continuo apoio e comprensión amosada cos gandeiros galegos.
Con esta iniciativa demóstrase, ademais, a capacidade e vontade das cooperativas para seguir intercooperarando e levando adiante accións en conxunto pola defensa dun sector tan importante para Galicia e os galegos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.