O proceso xudicial contra Lácteos Tambre polos impagos que mantén a varias explotacións de diversas bisbarras galegas tivo continuidade 10 de setembro, con tres novas vistas orais. Asesoradas polos servizos xurídicos do Sindicato Labrego Galego, foron seis explotacións -das moitas afectadas- as que se atreveron a denunciar a esta empresa afincada en Penateixa (Oroso) por facturas pendentes de pago correspondentes a finais de 2010 e comezos de 2011. As denuncias
interpuxéronse formalmente ante os xulgados de Ordes, o 5 de maio de 2011, tras fracasar todas as vías de negociación e facilidades de pagamento acordadas cos gandeiros e gandeiras afectadas.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, denunciou que “estas explotacións sofren a morosidade de Lácteos Tambre nun contexto no que as súas rendas xa se viron seriamente minguadas pola crise de prezos no sector e o
aumento desmesurado dos custes de produción, amais de ter sido ameazadas con ser as últimas en cobrar se se atrevían a denunciar”. As consecuencias disto, segundo a testemuña dos gandeiros e das gandeiras, van desde verse na obriga de
pedir axuda económica a familiares e amizades para cubrir o burato xerado polos impagos e poder facer fronte aos gastos do día a día e da propia explotación, até o caso de granxas que tiveron que pechar.
Tralas denuncias interpostas, tres dos xuízos se saldaban con fallo favorable a favor das explotacións denunciantes, a finais de 2011, obrigando a Lácteos Tambre a saldar a débeda contraída con elas so pena de serlle embargados todos os seus bens e contas bancarias. Nembargante, segundo explicou Isabel Vilalba, Lácteos Prosegue o xuízo polos impagos de
Lácteos Tambre ao tempo que a empresa declara non ter bens nin ingresos para evitar o embargo na factoría de Penateixa séguese traballando baixo nomes como Lácteos Merza.
Respecto disto, a secretaria xeral do SLG expresou a súa confianza en que “a xustiza esclareza estas artimañas legais que impiden que moitas explotacións poidan cobrar o seu leite. Non podemos consentir que esta empresa, calquera que sexa o seu nome, non pague o leite recollido mentres o seu dono segue a pasearse nun Jaguar”. Isabel Vilalba manifestou que “o Sindicato Labrego Galego seguirá asesorando e apoiando ás explotacións afectadas até que todas cobren as súas débedas, tanto as que se atreveron a denunciar como o resto”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.