Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • CC.AA.
    • Castilla y León
  • Legislación
  • Varios
    • Artículos
    • Buscador
    • Anuncios clasificados
    • Contacto
    • Newsletter
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / As limitacións convocatoria de axudas da xunta poden deixar fora o 70% das explotacións gandeiras

           

As limitacións convocatoria de axudas da xunta poden deixar fora o 70% das explotacións gandeiras

25/05/2012

As limitacións debidas á exclusión das reformas, así como a imposibilidade de solicitar para a mesma inversión durante 5 anos, supón un importante obstáculo para a mellora das explotacións, que ven así imposible ampliar o número de animais ou incluso reducir os custos de produción debido a estas limitacións.

O encaixonamento das axudas, está a provocar que moitos gandeiros desistan de facer inversións que supoñerían unha importante redución nos custos de produción, tales como silos, fosas de purín, novas ampliacións de cortes, por telo solicitado nos últimos 5 anos.

Para o sindicato Unións Agrarias este modelo condena as granxas galegas a perda de competitividade por falta de innovación, fronte a outras zonas produtoras do Estado. Esta falta de compromiso co sector primario por parte da Xunta de Galicia ten a proba máis contundente na falta de resposta do presidente Feijoo a sentarse coas organizacións agrarias para atopar unha solución agónica na que se atopa o sector.

Sorprende o desinterese de Medio Rural cando sabe que esta liña de axudas é a principal porta para a incorporación de xente nova ó agro así como para a modernización e redución de custes das explotacións. Para Unións Agrarias esta maneira de desentenderse da mellora do medio rural por parte do goberno de Feijoo xa quedou patente no 2011 onde se denegaron o 50% dos plans de mellora e se reduciu nun 10% o importe subvencionado dos aprobados.

Nos plans de melloras Xunta e Ministerio so aportan o 21% xa que o resto corresponde a financiamento europeo, polo que resulta inexplicable a actitude cicatera da Consellería que impide que chegue investimento ao medio rural galego. Hai que lembrar que as preto de 1.000 explotacións que se poden beneficiar anualmente destas axudas, deben investir nas melloras como mínimo o dobre da subvención recibida, un montante que vai a empresas do medio rural axudando a crear emprego.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Es actualidad

  • La industria láctea europea apoya el acuerdo con Mercosur 19/09/2025
  • Nuevo presidente en Fenil 18/09/2025
  • Crece la producción mundial de leche en 2025 y con previsión de que siga creciendo 12/09/2025
  • ¿Cuál es el precio que han pagado las principales industrias lácteas de la UE en abril? 08/09/2025
  • Vuelven a bajar las entregas y los precios en junio 02/09/2025
  • Italia sube al segundo puesto como mayor exportador mundial de queso 15/07/2025
  • El consumo mundial de lácteos continuará creciendo en la próxima década 11/07/2025
  • España, a la cola de la UE en precio de la leche pese a ser un país deficitario 10/07/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo