O sindicato Unións Agrarias denuncia a actitude irresponsable da Consellería de Medio Rural por non facer aínda públicas as axudas consignadas a mellora das explotacións previstas para este ano.
Esta atraso por parte da Xunta supón un grave atranco para moitas explotacións en fase de modernización ou ampliación porque non poden fixar a partida de inversións ao descoñecer o grao de financiamento final ao que terán que enfrontarse.
Sorprende o desinterese de Medio Rural cando sabe que esta liña de axudas é a principal porta para a incorporación de xente nova ó agro así como para a modernización e redución de custes das explotacións.
Para Unións Agrarias esta maneira de desentenderse da mellora da competitividade do medio rural por parte do goberno de Feijoo xa quedou patente no 2011 onde se denegaron o 50% dos plans de mellora e se reduciu nun 10% o importe subvencionado dos aprobados.
Nos planas de melloras Xunta e Ministerio so aportan o 21% xa que o resto corresponde a financiamento europeo, polo que resulta inexplicable a actitude cicatera da Consellería que impide que chegue investimento ao medio rural galego.
Hai que lembrar que as preto de 1.000 explotacións que se poden beneficiar anualmente destas axudas, deben investir nas melloras como mínimo o dobre da subvención recibida, un montante que vai a empresas do medio rural axudando a crear emprego.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.